CURTO PDI E LETRAS GALEGAS

Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.

Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.

Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.

As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.

 

Espero que vos guste.

Grazas profe Irene.

Liatantoscontos

18/06/2015

Tal como vos prometera aquí tendes algunhas fotos para que vexades parte do traballo que fixo o alumnado para o curto:

 

foto da maqueta do muíño bailadores de plastilina
bailadores e pandereteiras de plastilina baile
baile carro das vacas
no muíño no muíño 2
Filgueira Valverde Fuilgueira Valverde cos bailadores
Filgueira Valverde de plastilina no muíño Figuras de plastilina de Filgueira Valverde e bailadores
detalle figura plastilina Figuras plastilina

 

Espero que vos gusten as fotos.

Un saúdo

a mascota liatantoscontos mini

Liatantoscontos

 

Powered by Drupal - Design by artinet