O noso libro dos hórreos

Versión para impresora Enviar por e-mail

Lendas para o Día do Libro

Continuando coa celebración do Día do Libro podedes ver distintos momentos dos alumnos e alumnas de 1º e 2º dándolle vida a algunahs lendas.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Obra 2º.flv99.83 MB

Semana do Libro

Durante toda a semana adicaremos un ratiño a lecturas compartidas .Aquí deixamos fotos de hoxe, ao longo da semana iremos subindo as actividades levadas a cabo por todos os cursos.

   

Tamén disfrutamos de un conto en inglés que fixeran nenos e nenas do cole e co apoio da imaxen Noemi e Xiana nos contaron.

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro ,xa a semana pasada representamos lendas escollidas polos alumnos e alumnas.

Esta semana os nenos e nenas de 3º e 4º,contarán contos aos máis pequenos, ímosvos amosar unhas fotos.

 

 

 

 

 

OS HÓRREOS

Aquí vos amosamos unha escolma da exposición

 

AdxuntoTamaño
VID_20180323_132539.flv42.9 MB

OS HÓRREOS

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron un magnífico traballo sobre os hórreos.

Despois de levar a cabo as investigacións precisas  sobre o tema, fixeron fotos, prepararon unha exposición, e para finalizar diseñaron unhas marabillosas invitacións para que o resto do cole poidésemos disfrutar de todo o que aprenderon sobre o tema ,a través de exposicións orais .

Aquí podedes ver algunhas imaxes sobre o proceso:

 

 

 

 

 

 

RADIO CODESEDA

 

 Este ano tivemos a sorte de contar co profe Alberto facendo as prácticas,tivo a gran idea de facer un programa

de radio cos alumnos de 4º de Primaria.Aquí podedes ver o resultado.

 

CAMIÑO DE SANTIAGO: Grupo constituído por Carlota, Adrián e Aaron.

 

 

 

 

A Igrexa de Codeseda: Marco, Rodrigo e Noemi.

 

A capela da Grela: Carla, Anxo e Junior

 

A carballeira da Feira: Xiana, Pablo e Xoán.

AdxuntoTamaño
Camiño de Santiago.mp33.93 MB
Igrexa de Codeseda.mp34.26 MB
Capela da Grela.mp34.5 MB
Carballeira da feira.mp33.98 MB

DÍA DA MULLER

O 8 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER FACÉNDOLLE UNHA HOMENAXE A

MULLERES DESTACADAS DA NOSA LOCALIDADE.(A ASOCIACIÓN AVELINA VALLADARES

SOLICITOU A NOSA COLABORACIÓN PARA A DECORACIÓN DUN CARBALLO QUE LOGO

FOI EXPOSTO ,XUNTO COS DOS DEMÁIS CENTROS).

 

 

TAMÉN FIXEMOS UNHA FOTO TODO O CENTRO CUNHA PANCARTA ALUSIVA A TAL

CELEBRACIÓN.

"NON SOMOS NIN + NIN -

SOMOS MULLERES

POR UNHA IGUALDADE REAL XA!"

 

Os xenerais da Ulla en Codeseda

 

Eiquí vos deixamos as presentacións que os Xenerais da Ulla fixeron das actuacións do noso alumnado  na xornada do pasado venres 9 de febreiro para celebrar o entroido no noso cole.  Nin que decir ten que por causa do mal tempo non puidemos facer o desfile ata o centro do pobo como era costume en anos anteriores, porén fixemos unha inauguración forzada da nosa nova aula de usos múltiples.  A dicir verdade esa nova dependencia aínda non ten nome, pero para esa xornada foi moi proveitosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
video recortado 1º e 2º.flv3.31 MB
3º nivel.flv6.14 MB
4º.flv5.53 MB
5º e 6º.flv6.13 MB
Final.flv28.97 MB

Powered by Drupal - Design by artinet