5º Curso

THE NEW SUPERHERO

Déixovos a unidade que estades a traballar en EDIXAGAL (THE NEW SUPERHERO) en versión imprimible, en PDF, por se vos é máis cómodo para consultar/repasar determinados exercicios ou gramática. Tamén tendes os audios transcritos en texto, por se alguén ten problemas para escoitalos. Así podedes ler e facer igual o exercicio.

PROXECTO PALABR-EGAS

PALABR-EGAS é un proxecto que tiñamos programado para realizar a partir do segundo trimestre do curso, facendo unha investigación e recollida de PALABRas galEGAS de interese especial para nós, pola súa "rareza", sonoridade, significado... Para a súa posterior exposición nun gran panel, con especial conmemoración do Día das Letras Galegas.

RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS

Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes  unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!

DEBUXO A MIÑA MELLOR CARA

Seguindo e combinando os patróns da imaxe crea novas caras. Imos poñer exemplos das "nosas mellores caras" ante esta "situación" que estamos a vivir. Podedes empregar outros modelos e calquera dos materiais e recursos dos que dispoñades na casa. Unha vez creada a imaxe, enviádela ao correo evaotag@gmail.com, antes do mércores 25 de marzo. 

DEBUXO COA MANS

Podedes practicar "debuxo coas mans" como xa fixemos outras veces. Aqui tedes algúns exemplos. A crear ARTISTAS! Usade a vosa imaxinación.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer