1º Curso

INGLÉS (do 30 ao 3)

Body Parts - Read and choose, an interactive worksheet by MeritESLResources

PROXECTO PALABR-EGAS

PALABR-EGAS é un proxecto que tiñamos programado para realizar a partir do segundo trimestre do curso, facendo unha investigación e recollida de PALABRas galEGAS de interese especial para nós, pola súa "rareza", sonoridade, significado... Para a súa posterior exposición nun gran panel, con especial conmemoración do Día das Letras Galegas.

RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS

Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes  unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!

ACTIVIDADES VARIADAS SOBRE A PRIMAVERA

No seguinte ficheiro podedes descargar unha serie de actividades para 1º, relacionadas coa primavera e vinculadas a diferentes asignaturas.

MATES 1º. SEMANA DO 23/03 AO 29/03/20

Traballo de matemáticas para o alumnado de 1º para a semana do 23/03/20 ao 29/03/20.

DEBUXO A MIÑA MELLOR CARA

Seguindo e combinando os patróns da imaxe crea novas caras. Imos poñer exemplos das "nosas mellores caras" ante esta "situación" que estamos a vivir. Podedes empregar outros modelos e calquera dos materiais e recursos dos que dispoñades na casa. Unha vez creada a imaxe, enviádela ao correo evaotag@gmail.com, antes do mércores 25 de marzo. 

DEBUXO COA MANS

Podedes practicar "debuxo coas mans" como xa fixemos outras veces. Aqui tedes algúns exemplos. A crear ARTISTAS! Usade a vosa imaxinación.

LINGUA 1º

INGLES PRIMEIRA SEMANA

Repasamos a unidade 6

No apartado de Actividades - Escolares - Idioma extranxeiro, podedes acceder ao documento onde vos aparecen enlaces a cancións que podedes ver e escoitar para repasar vocabulario xenérico, dun xeito máis divertido. 

Problemas matemáticos para 1º

Fichas de problemas de matemáticas para 1º

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer