4º Curso

INGLÉS 4º (do 30 ao 3)

How Much, an interactive worksheet by Ednardo

PROXECTO PALABR-EGAS

PALABR-EGAS é un proxecto que tiñamos programado para realizar a partir do segundo trimestre do curso, facendo unha investigación e recollida de PALABRas galEGAS de interese especial para nós, pola súa "rareza", sonoridade, significado... Para a súa posterior exposición nun gran panel, con especial conmemoración do Día das Letras Galegas.

RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS

Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes  unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!

INGLÉS (do 23 ao27)

Seguimos traballando esta semana coa unidade 5. Ánimo! Todo sairá ben!

DEBUXO A MIÑA MELLOR CARA

Seguindo e combinando os patróns da imaxe crea novas caras. Imos poñer exemplos das "nosas mellores caras" ante esta "situación" que estamos a vivir. Podedes empregar outros modelos e calquera dos materiais e recursos dos que dispoñades na casa. Unha vez creada a imaxe, enviádela ao correo evaotag@gmail.com, antes do mércores 25 de marzo. 

DEBUXO COA MANS

Podedes practicar "debuxo coas mans" como xa fixemos outras veces. Aqui tedes algúns exemplos. A crear ARTISTAS! Usade a vosa imaxinación.

INGLES PRIMEIRA SEMANA 4º

Repasamos a unidade 5. De momento, aos de 4º vou mandarvos as actividades á páxina web, non á plataforma de EDIXGAL. Se houbera algún cambio xa vos aviso.

No apartado de Actividades - Escolares - Idioma extranxeiro, podedes acceder ao documento onde vos aparecen enlaces a cancións que podedes ver e escoitar para repasar vocabulario xenérico, dun xeito máis divertido. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer