slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

DÍA DO LIBRO

O 23/04/2018 celebramos en Bretoña o día do libro cunha maratón de lectura que durou nada máis e nada menos que dúas horas ininterrompidas. 

Aquí tedes o vídeo.

DÍA DA ÁRBORE

 

O pasado 23 de marzo, plantamos unha árbore no noso cole. 

 Para ver as fotos prema aquí.

O NOSO COLE

Vídeo realizado polos nosos alumn@s, coa colaboración do auxiliar de conversa Robert, presentando o colexio.

PREMIOS POSTAIS NADAL 2017

O martes día 6 de Marzo os nosos alumn@s acudiron á casa da cultura do Concello de A Pastoriza para recoller os premios do concurso de postais e poesía de Nadal que organiza cada ano a Biblioteca Municipal. Este ano os premiados foron David, Noa e Alba. Se queredes ver as imaxes da entrega de premios pinchade aquí.

Charla Saúde e hixiene corporal

 

O día 2/2/18 os nen@s de 4º e 6º de primaria fixeron unha exposición para todo o colexio sobre hábitos de hixiene e saúde corporal.

FESTA ENTROIDO 2018

Hoxe celebramos a festa do entroido no CEIP de Bretoña. Este ano quixemos adicalo ao día internacional da muller na ciencia que se celebra o 11 de Febreiro de cada ano. Xa podedes ver as fotos deste divertidísimo día facendo clic aquí.

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

 

Bos días a tod@s. Dende o Colexio de Bretoña querémosvos dar a benvida ao Proxecto Deportivo do noso cole.

Pretendemos a creación dun blogue onde informemos das diversas actividades que iremos realizando ao longo do curso escolar 17-18.

A inclusión do centro dentro deste proxecto deportivo; radica fundamentalmente, na necesidade de que a sociedade (nen@s, mestres, pais, nais...) adquira uns hábitos de vida saúdables.

SAÍDA A LUGO

O día 23 de Novembro fixemos unha saída a Lugo na que visitamos o Museo Provincial e fomos ao cine. Pasámolo Xenial!!!!. En breve, estarán dispoñibles as imaxes deste fantástico día.

Magosto e Concurso do Castañolo 2017/2018

O pasado día 3 de Novembro celebramos o Magosto no cole. Saboreamos unhas deliciosas castañas asadas e ademais asitimos á resolución dos gañador@s do concurso anual do "Castañolo 2017/2018". Foi un día divertidísmo para todos. Se queres ver as imaxes pincha aquí.

Xa chegou o Samaín!

Outro ano máis celebramos o samaín ou tamén chamado Halloween. Hoxe foi un día festivo no cal elaboramos postres terroríficos, vsitamos unha exposición de cabazas, asistimos a un contacontos bilingüe e fixemos xogos do Halloween. Se pinchas aquí poderás ver todas as fotos desta xornada festiva.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer