slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

REUNIÓN ASOCIACIÓN NAIS E PAIS CEIP DE BRETOÑA

O vindeiro Xoves día 5 de Outubro ás 15:15 horas terá lugar a reunión da asociación de Nais e Pais para tratar os seguintes temas:

  • Renovación cargos directivos.
  • Reunión co monitor de actividades extraescolares.

Reunión Anual Familias

O vindeiro Luns día 25 de Setembro celebraremos a reunión aunual coas familias do alumnado do CEIP de Bretoña pra informar sobre diferentes aspectos organizativos do presente curso escolar. Agardamos a vosa asistencia.

SAÍDA Á MARIÑA LUCENSE

O pasado día 7 de xuño realizamos unha saída á mariña lucense. Pola mañá visitamos e paseamos pola praia das catedrais e pola tarde realizamos xogos na praia da rapadoira. Foi un día moi divertido no que os nosos alumn@s disfrutaron dun entorno natural e fermoso. Para ver as imaxes desta saída aquí.

VISITA AO MIHL

Os nosos alumn@s visitaron o Museo de Historia Interactivo de Lugo. Nel participaron nunha sesión de realidade virtual e visitaron as exposicións temporais e permanentes do museo. Para ver as imaxes pincha aquí.

MATRÍCULA CURSO 2017/2018

20/06/2017 09:45
30/06/2017 12:15

Prazo para formalización de matrícula para o curso 2017/2018.

ASÍ TRABALLA UN FERREIRO. VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

Os nosos alumnos visitaron o fermoso castro de Viladonga para coñecer mellor un noble traballo artesá: o do ferreiro. Para ver as imaxes da saída pincha aquí

MURAL DA PRIMAVERA EDUCACIÓN INFANTIL

 

Mural da primavera realizado polo alumnado de Educación Infantil.

CAMIÑO Á BIBLIOTECA

 

Por mor do día do libro deste ano 2017 os alumn@s do centro realizaron, xunto coa mestra Eva, unha serie de carteis decorativos de camiño á biblioteca.  

Avaliación Individualizada 3º Educación Primaria

30/05/2017 09:45
31/05/2017 14:45

A proba correspondente á avaliación individualizada do alumnado de 3º de Educación Primaria se desenvolverá os días 30 e 31 de Maio de 2017.

CAMPIONATO DE XADREZ DA MANCOMUNIDADE

 

O pasado sabado os nosos alumnos/as de 1º e 2º de Primaria participaron nos xogos da mancomunidade conseguindo un brillante 1º e 3º posto na especialidade de Xadrez. NORABOA CAMPIÓNS!!! Para ver as imaxes pincha aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer