slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE

O pasado 24 de Marzo conmemoram o día da árbore no CEIP de Bretoña. Este ano plantamos un ameneiro e o nome que saíu elexido dun sorteo entre todo o alumnado do cole foi o de "Oliveiro". 

WELCOME TO BRETOÑA

Onte os nosos alumn@s vivirion un auténtico intercambio cultural. Recibimos a visita no centro dos familiares do noso auxiliar de conversa D. Robert Stolzberg. Foi unha gran xornada na que alumnos e docentes intercambiamos impresións e conversacións cos nosos visitantes estadounidenses.

Thank you very much Lorna, Andrew, Wilson and Grady!!!!

FIN PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017/2018

20/03/2017
20/03/2017

Lembramos ás familias que o vindeiro Luns día 20 de Marzo remata o prazo para realizar a solicitude de admisión de alumnado no curso 2017/2018.

UN DÍA NO MUSEO

Xa están dispoñibles as imaxes da saída á Coruña que realizamos onte. Para ver as imaxes pincha aquí.

SAÍDA A CORUÑA

O Luns día 13 de Marzo realizaremos unha saída á cidade da Coruña. Nunha xornada moi intensa teremos a oportunidade de visitar a Casa das Ciencias, o Planetario, o Domus e o acuario Finisterrae. Moi pronto estarán dispoñibles as imaxes deste emocionante día. 

SAÍDA A VEGADEO

Os nosos alumn@s disfrutaron dunha agradable xornada en Vegadeo, onde visitamos o CFC (Centro de Consumo Responsable)para realizar dous obradoiros moi interesantes e formativos: Sobre a elaboración de Magdalenas no caso de Educación Infantil e sobre o sector textil no caso de Educación Primaria. Para poder ver as imaxes desta saída fai click aquí.

CHEGOU A SEMANA DO MECO!!!

 

Xa comezou a semana do Meco, cada día traeremos ao colexio unha parte dun disfrace de turista, conmemorando o ano internacional do turismo sostible. Si queres ver as imaxes pincha aquí

SAÍDA EDUCACIÓN INFANTIL AO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

23/02/2017 09:45
23/02/2017 14:45

O vindeiro xoves 23 de Febreiro o noso alumnado de Educación Infantil viaxará a Lugo para ver a obra de teatro "Osiño" no auditorio Gustavo Freire

HOXE COMEMOS GALLETAS!

Hoxe degustaremos unhas deliciosas galletas elaboradas polo alumnado de Educación Infantil e de Primaria. Xa son uns expertos pasteleiros!. Se queres ver o resto das imaxes pincha aquí.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos no CEIP de Bretoña o Día da Paz escolar e a non violencia. Foi unha boa ocasión para lembrar os valores que deben rexir o noso día a día. Para ver as imaxes desta conmemoración pincha aquí.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer