slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Día internacional da Muller (8 de marzo)

Aínda que na nosa escola todos os días son 8 de marzo, o pasado venres 8/03/2019 conmemoramos este día facendo unhas pulseiras artesás para :

"Amarrarnos á igualdade"

Aquí tedes algunhas FOTOS.

O ciclo da auga

Gústavos a maqueta que fixeron as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria?. Aquí tedes o vídeo.

Agardamos que vos guste.

Entroido 2019

Este ano, seguindo o traballo realizado polos nen@s de Ed. Infantil, comezamos a investigar sobre a civilización Exipcia. 

Que ben o pasamos neste entroido polas rúas de Bretoña.

Moitas grazas a todas as veciñas e veciños por encher o noso sarcófago. Así da gusto !!!

Pinchade AQUÍ para as fotos.

Premios Nadal 2018

Hoxe recibimos na Casa da cultura os premios pola participación no concurso de poesía e postais de Nadal.

Noraboa a tódolos participantes e en especial aos premiad@s.

Moitas grazas tamén ao Concello pola organización destes certames.

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro de 1837 naceu en Santiago, unha das grandes poetas e novelistas da literatura galega no século XIX. 

Dende o cole quixemos facerlle unha pequena homenaxe. 

Pincha AQUÍ para ver máis fotos.

Día escolar da Non Violencia e a Paz

O día 30/01/2019 celebramos o día da Non Violencia escolar e da Paz, conmemorando a morte de Mahatma Gandhi.

Visita "Os Bolechas"

O día 28 de xaneiro tivemos a sorte de que nos visitaron Os Bolechas. 

Foi un rato moi agradable e pasámolo moi ben. Pincha AQUÍ para ver as fotos.

Festival nadal 2018

Aquí temos algunhas fotos do Festival de Nadal 2018. Preme AQUÍ

Que ben o pasamos!!!

Pedazo de artistas !!!

Dende o Colexio de Bretoña, queremos desexarvos a tod@s un feliz ano 2019!!!

 

Día internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25 de novembro foi o Día internacional contra a Violencia de Xénero. 

O luns 26 conmemoramos na escola este día, facendo un mural na entrada do mesmo e un baile.

Agardamos que vos guste.

Día universal da infancia

O 20 de novembro conmemoramos o Día universal da infancia, recordando os DEREITOS que temos por ser nenas e nenos. Tamén repasamos as nosas OBRIGAS. Aquí tedes o vídeo e a presentación que fixemos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer