PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 13:58
Bos días a tod@s. Dende o Colexio de Bretoña querémosvos dar a benvida ao Proxecto Deportivo do noso cole.
Pretendemos a creación dun blogue onde informemos das diversas actividades que iremos realizando ao longo do curso escolar 17-18.
A inclusión do centro dentro deste proxecto deportivo; radica fundamentalmente, na necesidade de que a sociedade (nen@s, mestres, pais, nais...) adquira uns hábitos de vida saúdables.
Aquí atoparedes algunhas fotos do día de Halloween/Samaín e tamén do Magosto.
Un cordial saúdo.