Skip to Content


O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscripción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos no curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible da presentación.

Poden descargarse os impresos accedendo á sua web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio Centro a partir do 3 de marzo.

Ver adxunto.

Atentamente, 

A dirección.



O 1 de marzo, ábrese o prazo de preinscipción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2021-22 no noso Centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue dende o 1 ata o 22 de marzo do 2021

A reserva de praza farase no propio Centro empregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. Tamén se pode facer telemáticamente na ferramenta de Admisión alumnado da Consellería de Educación.

Documentación Admisión:

- DNI dos pais, do/a alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

- Libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

- Tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

- Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

- Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.

- Xustificante de concurrencia de minusvalía do/a alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.

 

QUEN O DESEXE PODERÁ PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN OU RECOLLER OS IMPRESOS NO PROPIO CENTRO.

 

Enlaces ao proceso de admisión:

- Enlace admisión: Sede eletrónica

- Normativa de aplicación curso 2020-2021

- Adxuntos:

  1- Anexo II. Admisión. pdf

  2- Comprobación de datos de membros computables da unidade familiar. pdf

   



A/A da comunidade educativa do CEIP Baíñas:

Presentámosvos os seguintes PLANS DE ADAPTACIÓN DO CENTRO á nova situación provocada pola COVID-19.

Podedes consultalos premendo en cada documento, ou descargar o seu correspondente adxunto.

Atentamente,

A Dirección.

               



Estimadas familias:

Para os/as interesados/as, publicouse no BOE do sábado 8 de agosto a resolución das axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para este curso 2020/21. 

Podedes acceder a convocatoria no documento adxunto ou premendo no seguinte enlace.

Atentamente, 

O departamento de orientación.



FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 20-21

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 20 DE MAIO ATA O 19 DE XUÑO

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

 

e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

  • De tódala documentación que se presente deberán achegar fotocopias e os respectivos orixinais para verificar a súa autenticidade.

CORRECCIÓN INSTRUCIÓNS FONDO DE LIBROS 20-21

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020-21, que saíu publicada no DOG o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658: O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Poden accecer aos seguintes documentos adxuntos:

- Fondos

- Orde do 12 de maio

- Anexos I e II

NOTA:

Comunícase ás familias e aquelas persoas interesadas, que o centro estará aberto só para funcións administrativas todos os mércores, en horario de 10 a 13h.

Para calquer consulta ou xestión poderán ser atendidos/as nos seguintes teléfonos de contacto881960012 / 679714199

Se o prefiren, envíen un correo electrónico ao enderezo: ceip.bainas@edu.xunta.es

Atentamente,                                                                                                                  En Baíñas, a 20 de maio de 2020.

 

 A dirección.

 



Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, os centros educativos temos a obriga de publicar as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

 

ED. PRIMARIA:

1º CURSO                 4º CURSO

2º CURSO                 5º CURSO

3º CURSO                 6º CURSO

 

NOTA: Tamén poden ver os documentos nos ficheiros adxuntos



 

ATENCIÓN !, AVISO:

 

ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO:

Comunícase ás familias que o prazo de solicitude de praza e admisión de alumnado estará aberto só ata o día 18 de maio.

Atentamente,                                                                                                                  En Baíñas, a 14 de maio de 2020.

 A dirección. 

 

AVISO DA DIRECCIÓN EN RELACIÓN Á APERTURA DO CENTRO E ATENCIÓN AO PÚBLICO:

 

Comunícase ás familias e aquelas persoas interesadas, que o centro estará aberto só para funcións administrativas todos os mércores, en horario de 10 a 13h.

Para calquer consulta ou xestión poderán ser atendidos/as nos seguintes teléfonos de contacto881960012 / 679714199

Se o prefiren, envíen un correo electrónico ao enderezo: ceip.bainas@edu.xunta.es

Atentamente,                                                                                                                  En Baíñas, a 06 de maio de 2020.

 

 A dirección.



AVISO IMPORTANTE:

PROTOCOLO COVID-19 DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA O CURSO 2020-2021. 

Estimadas familias e comunidade educativa:

Deixámosvos aquí o acceso ao protocolo para a COVID-19 da Consellería de Educación.

Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19

Guía resumo

Guía volta segura ás aulas

Informarvos tamén que tendes en formato PDF acceso a dous documentos que deberedes cubrir, e no caso do modelo de declaración responsable facérnolo chegar ao Centro (só a declaración responsable non a enquisa):

Anexo I: Enquisa de autoavaliación de sítomas COVID en PDF. (Dispoñible en word como adxunto)

Modelo de Declaración Responsable (Só enviar este documento ao Centro)

Se non podedes acceder, abride os documentos adxuntos.

Atentamente,

A dirección.



AVISO IMPORTANTE:

Queridas familias: 

Tendes que descargar no móbil a aplicación: ABALAR MÓBIL  para poder ver as notas do alumnado cando as publiquemos.

Moitísimas grazas e un saúdo.

A dirección.



                                                                                                    

AVISO!!

A Consellería de Educación amplía o período de ADMISIÓN DE ALUMNADO unha semana máis dende que se reanuden as clases.

Atentamente,

A dirección.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut