Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

O 1 de marzo, ábrese o prazo de preinscipción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2021-22 no noso Centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue dende o 1 ata o 22 de marzo do 2021

A reserva de praza farase no propio Centro empregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. Tamén se pode facer telemáticamente na ferramenta de Admisión alumnado da Consellería de Educación.

Documentación Admisión:

- DNI dos pais, do/a alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

- Libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

- Tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

- Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

- Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.

- Xustificante de concurrencia de minusvalía do/a alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.

 

QUEN O DESEXE PODERÁ PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN OU RECOLLER OS IMPRESOS NO PROPIO CENTRO.

 

Enlaces ao proceso de admisión:

- Enlace admisión: Sede eletrónica

- Normativa de aplicación curso 2020-2021

- Adxuntos:

  1- Anexo II. Admisión. pdf

  2- Comprobación de datos de membros computables da unidade familiar. pdf

   

AdxuntoTamaño
Comprobación de datos de membros computables da unidade familiar.pdf901.43 KB
ANEXO II Admisión.pdf1.49 MB


page | by Dr. Radut