Skip to Content

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A/A das familias:

Ábrese o prazo para solicitar becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a cargo do Ministerio de educación.

Dende o departamento de Orientación deixámoslles o enlace á web: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.htmldo Ministerio onde ven a convocatoria e os requisitos para pedir as axudas e descargar os formularios.

Ante calquer dúbida, consultar coa Orientadora.

Atentamente, o departamento de Orientación.

IX CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO 2024

Convócase o IX Concurso Literario de relato curto do CEIP Baíñas 2024

 

VAILLE CO CONTO!! 2024

Co gallo da Semana do libro e da proximidade das Letras Galegas proponse a actividade para lecturas compartidas: Vaille co conto!! 2024

Animádevos a participar!!

MARZO: MES DA POESÍA

Durante o mes de marzo preparamos unhas lecturas compartidas de poesía

Foron poemas de Manuel María, especialmente do seu libro "Soños na gaiola". Todos teñen temáticas sobre a nosa contorna máis próxima: Paisaxe, natureza, Galicia, animais ou obxectos cotidianos.

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante a primeira semana de marzo, e aproveitando o gallo do 8 de marzo, recibimos a visita de nais, avoas e mulleres da nosa vila que nos ensinaron o que valen e compartimos con elas numerosas actividades:

Lucía: Obradoiros de robótica e programación, Obradoiros de Ioga a cargo de Miriam, e tamén de palillo das nosas palilleiras:  

Unha grande experiencia!!Temos que repetila!! .

Enfocada tamén no coñecemento da nosa contorna e no proxecto: Baíñas ten futuro!!

VIVAN AS NOSAS MULLERES!! 

23 DE FEBREIRO DE 2024: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e decorando con murais o noso Centro.

Viva a nosa Rosalía por Sempre!!

ENTROIDO 2024

O Venres 9 de febreiro celebramos o noso "Entroido Choqueiro". E, coma sempre, ao remate degustamos os doces típicos destas datas.

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para conmemorar este ano o Día da Paz lanzamos as nosas mensaxes ao ár cun diseño de aspas!

Foi moi bonito e divertido!

Logo, aproveitando que conmemorábamos os 250 anos do estreno da Novena Sinfonía de Beethoven

Interpretamos o Himno á alegría coa letra de Miguel Ríos!

Por un mundo sen guerras! Por un mundo con PAZ!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut