881 96 00 10
MES DO LIBRO: VISITA DE "O HEMATOCRÍTICO"
Entre finais de Abril e primeiros de Maio, xuntámonos con dúas actividades de animación á Lectura.
A primeira tivo lugar o venres día 12, Miguel López, "O Hematocrítico", un escritor e mestre coruñés que visitou o noso Centro. Previamente lemos algúns dos seus libros. Fixemos un encontro literario, onde nos asinou os seus libros, e nós agasallámolo con algúns "Booktrailers" sobre algúnhas das súas obras. Foi moi amable e simpático.
Pasámolo todos fenomenal!!
CORRELINGUA E EXCURSIÓN A CORUÑA
O venres 5 de maio fixemos unha saída á Coruña para participar no "CORRELINGUA", logo de facer unha andaina dende o Estadio de Riazor á Torre de Hércules, alí xuntamonos varios Centros de ensino de A Coruña e da provincia; onde reivindicamos falar e defender a nosa lingua, lemos varios manifestos, escoitamos tamén á alcaldesa da cidade, que facía entrega dos premios á mellor animación e á mellor "pancarta". Ao final rematamos cun concerto dunha agrupación que cantaba en galego.
Despois de facer unha pausa para xantar nun dos parques ao pé da Torre, fomos visitar a casa do peixes ao Aquario Finisterrae.
SURF EN AROU
A volta das vacacións de Semana Santa tivemos uns cursos de iniciación ao Surf para todo o alumnado do Centro, onde Gabi e David, da escola de Surf de Camariñas ensináronos a facer surf a todo o Centro alumnado e profesorado. Fixérono fenomenal e foi unha experiencia fantástica. Tomamos contacto coa natureza, ensináronos a coidar as nosas costas, e o mar. Tamén a ter seguridade á hora de facer este deporte.
Finalmente, convocamos ao "Deus" das ondas e a verdade é que nos fixo caso, viñeron e... pasámolo pipa!
OBRADOIRO POLA IGUALDADE
O luns 13 de marzo tivemos no Centro un obradoiro pola igualdade a cargo do Concello de Vimianzo, aproveitando o a conmemoración do 8 de marzo.
EXCURSIÓN A SANTIAGO 2023
O pasado venres 10 de marzo, fixemos unha excursión a Santiago de Compostela onde visitamos unha exposición na Cidade da Cultura, saltamos nas camas elásticas do MEGA JUMP nas Fontiñas e para rematar o día visitamos o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago.
Pasámolo xenial!!
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller con un mural conxunto e unha andaina, que por mor do mal tempo quedou pendente de celebrar de cara ao final de curso.
Programa "XOGADE": Todos co deporte!!
O CEIP Baíñas, coma en anos anteriores, participa no programa "XOGADE" a cargo da Consellería, onde facemos actividades coma o atletismo.
A primeira carreira tivo lugar o pasado 25 de xaneiro en Cee, e para os que se clasificaron, participaron en Noia na fase intercomarcal en Noia!
Un HURRA !! polos/as nosos/as atletas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
xogade 2022-23.mp4 | 19.19 MB |
O PILABOT: RECICLA AS TÚAS PILAS!!
O pasado 2 de febreiro, tivemos unha charla do "Pilabot", un interesante programa sobre o funcionamento e a reciclaxe de pilas e baterías.
Ao remate, fixemos un Kahoot sobre o tema e saíunos moi ben!
DÍA DE ROSALÍA 2023
O venres día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía facendo un vídeo coa técnica de "Croma". O alumnado recitou varios dos seus poemas e interpretamos dúas cancións do disco de Uxía: "Rosalía pequeniña"
