881 96 00 10
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23
O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscripción correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos no curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.
O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible da presentación.
Poden descargarse os impresos accedendo á sua web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio Centro a partir do 3 de marzo.
Ver adxunto.
Atentamente,
A dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Admision de alumnos curso 2022-23.pdf | 39.87 KB |
23 F DÍA DE ROSALÍA 2022
Ola, comunidade educativa do CEIP Baíñas!!
Nesta semana, ademáis do Entroido, celebramos o Día do nacemento de Rosalía de Castro, que a partir deste ano será o 23 de febreiro.
Fixemos uns vídeos recitando e cantando algúns dos seus poemas, utilizando a técnica do "Croma" ou fondo verde.
Agardamos que vos gusten, desfrutádeos!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
rosalia_inf.m4v | 4.52 MB |
rosalia_1_2.m4v | 13.48 MB |
rosalia3_4.m4v | 13.54 MB |
rosalia_5.m4v | 26.06 MB |
rosalia_6.m4v | 18.44 MB |
GUÍA DE LECTURA NADAL 2021
A/A do alumnado e familias:
Aquí están as nosas recomendacións lectoras para este Nadal, agardamos que as disfrutedes!!
Pinchade na imaxe ou no arquivo adxunto para descargar a guía.
Dende o equipo de Biblioteca desexámosvos...FELICES FESTAS!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Guía Lectura CEIP Baíñas. Nadal 2021 copia para impr..pdf | 1.03 MB |
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Por esta razón, o Departamento de Orientación elaborou un documento con información e actividades para sensibilizar as familias e ao alumnado.
Ademáis podedes visualizar "El cazo de Lorenzo" neste vídeo :https://youtube.com/watch?v=HtqU5QI2OdU&feature=share
Animádevos a facelas e construamos un mundo máis inclusivo e solidario!!
PROXECTO SAÚDATE: PRIMEIRAS ACTIVIDADES!!
Ola, fai click na imaxe ou no PDF adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Primeiras actividades e Libro de receitas saúdables.pdf | 121.78 KB |
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: SAÚDATE E RECARGA PILAS!!
Ola, fai click na imaxe o no documento PDF adxunto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nota ás familias comezo do PDI da saúde.pdf | 70.45 KB |
INFORMACIÓN BÁSICA PARA O INICIO DE CURSO 2021/2022 NO CEIP BAÍÑAS E CALENDARIO ESCOLAR
Información básica para o inicio do curso 2021/2022 no CEIP Baíñas e o calendario escolar.
Dende o Centro queremos deixarvos unha serie de instruccións para o inicio deste curso 2021/2022 onde adxuntamos tamén o calendario escolar.
Ver anexo.
*Nota: Queda pendente a elección de dous días non lectivos que se comunicarán máis adiante.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Información básica familias curso 21- 22.pdf | 203.79 KB |
PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 (CURSO 2021-22)
Ver anexo.
- Plan de adaptación á situación COVID-19 do CEIP BAÍÑAS para o curso 2021/2022.
Ver anexo.
Descarcar anexos:
- Plan de continxencia do CEIP Baíñas para o curso 2021/22.
Ver anexo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Protocolo adaptación contexto COVID Xunta de Galicia.pdf | 2.15 MB |
plan adaptación covid Baíñas 21-22.pdf | 561.68 KB |
autoavaliación clínica Covid-19.pdf | 52.27 KB |
DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS.pdf | 33.1 KB |
PLAN CONTINXENCIA CEIP Baíñas-convertido.pdf | 139.79 KB |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
