Reunión coas familias de Educación Infantil

Convócase ás familias do alumnado de 4ºEI [3 anos] a unha reunión informativa de comezo de curso, o martes, 6 de setembro, ás 11:00h, nas aulas respectivas.

A esa mesma hora tamén se convoca ao resto das familias de Educación Infantil (5º e 6º EI) para a entrega de material.

TARXETA XENTE NOVA

Xa está dispoñible para todas as persoas menores de 19 anos a Tarxeta Xente Nova. Esta tarxeta permíteche facer gratis ata 60 viaxes ao mes. 

A Solaina polo transporte sostible!

Novas

 

·      Listaxe definitiva para o comedor escolar curso 16/17.

 

         Listaxe definitiva 

         

  ·      Recollida dos Historiais Académicos do alumnado de 6º EP.

           Venres (15 de xullo), ás 11:00, na Biblioteca.

  

 

·      Recollida dos vales de Axudas libros e material escolar:

 

A partir do mércores (6 de xullo):

 

-1º e 2º: vales dos libros.

 

-Todos os cursos: vales do material escolar (50€).

 

·      Recollida de libros de Fondo libros.

 

Xoves (7 de xullo), ás 11:00:  e 5º.

 

Venres (8 de xullo), ás 11:00:  e 

  

 

Fin de curso. Graduacións e actuacións

Esta semana é unha das datas sinaladas no calendario escolar: o alumnado deixa as clases logo de tres intensos trimestres.

O martes, día 21, o alumnado de 5 anos celebrou a súa graduación de etapa ante a orgullosa mirada de familiares e mestres. 

O día 22 chegou o turno  do alumnado de 6º de EP. Para celebralo, xogouse o tradicional partido entre mestres e alumnado e sucedéronse diversas actuacións musicais.

Dende estas líñas, o colexio desexa a todos e a todas un bo verán!

AVISO para o alumnado de 6º EP

Matrícula no IES As Telleiras:

  • DATA: 27, 28 e 29 de xuño

 

  • DOCUMENTACIÓN:

          - Sobre entregado polo IES AS Telleiras

                                                                

          - Copia do Boletín informativo

Festa de fin de curso 2015/16 da ANPA do CEIP A Solaina

   En relación á Festa de Fin de Curso organizada pola ANPA, festa que se celebrou o pasado sábado 18 de xuño, queremos facer fincapé en que todo transcurreu coa  normalidade e algarabía que a caracteriza.

   A boa tarde permitiu que o evento se desenvolvera segundo o previsto coas actuacións dos nenos e nenas acompañados por familiares e amigos, asistindo aproximadamente unhas 300 persoas.

  Unha das actividades, " O obradoiro de Desenrolo da Intelixencia nos nenos", contou coa participación de nenos e nenas de idades compendidas entre os 3 e os 12  anos e  a Empresa NENOS- NARÓN, á que desde este espazo se lle agradece a participación.

   Informar que debido a que a retirada de tickets non foi acorde co nº de de nenos e nenas asistentes, retirándose  200  tickes e sobrando 100 bocadillos, estos doáronse a unha entidade sen ánimo de lucro co fin de que poideran repartilos entre as persoas que o necesiten.

 O centro agradece a asistencia das familias  ao evento.

 Boas vacacións a todos e todas  e ata o vinderio curso!

Memoria anual ANPA 

 

Novas para o curso 2016-2017

  • LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO.

    CORRECCIÓN DE ERROS: 

    1) 5ºEI: Onde di Bichitos al sol, ten que dicir: Sombras. Proyecto ¿Lo ves? Edelvives, 2014_/978-84-263-9193-3.

    2) 4ºEP: LENGUA CASTELLANA_ Aprender es crecer - Editorial Anaya_978-84-698-0650-0.

 

  • Indicacións específicas por etapas:

       EDUCACIÓN INFANTIL

               - 4º EI (3 anos)

               - 5º EI (4 anos)

               - 6º EI (5 anos)

 

        EDUCACIÓN PRIMARIA

               - 1º Ep

               - 2º EP

               - 3º EP 

               - 4º EP 

               - 5º EP

               - 6º EP

 

Distribuir contido