Fin de curso. Graduacións e actuacións

Esta semana é unha das datas sinaladas no calendario escolar: o alumnado deixa as clases logo de tres intensos trimestres.

O martes, día 21, o alumnado de 5 anos celebrou a súa graduación de etapa ante a orgullosa mirada de familiares e mestres. 

O día 22 chegou o turno  do alumnado de 6º de EP. Para celebralo, xogouse o tradicional partido entre mestres e alumnado e sucedéronse diversas actuacións musicais.

Dende estas líñas, o colexio desexa a todos e a todas un bo verán!