INFORMACIÓN DE COMEZO DE CURSO

ENTREGA DE MATERIAL 1º E 2

Infórmase que o martes 6 de setembro pódese ENTREGAR O MATERIAL do alumnado (NON OS LIBROS DE TEXTO) nas respectivas aulas de 1º e 2º. No caso de 1º pódese consultar a clase que lle toca a cada alumna/o a través de aplicación ABALAR. O horario é o seguinte:

11:30 a 12:00h: 1ºA. 12:00 a 12:30h: 1ºB. 12:30 a 13:00h: 2ºA. 13:00 a 13:30h: 2ºB. 

MATERIAL 3º E 4º

Material para o primeiro día (xoves 8): axenda, estoxo, panos, cadernos de LC e MA.

Material para o segundo día (venres 9): dúas carpetas e cadernos de LG e Ciencias. 

COMEZO DO CURSO: XOVES 8 DE SETEMBRO, en horario normal de 9:00 A 14:00 HORAS. Como en anos anteriores á pandemia, as saídas distribúense do seguinte xeito:

-INFANTIL: 13:50H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio, agás 4ºEI (3 anos).

-1º E 2º: 13:55H. Entregas do alumnado pola porta este do edificio.

-3º, 4º, 5º, 6º: 14:00H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio.

Servizo do comedor: dispoñible desde o primeiro día. Pregamos a todas as familias que teñan programado a asistencia ao comedor durante estes primeiros días, que COMUNIQUEN CON ANTELACIÓN AO COLEXIO OS DÍAS QUE TEÑEN PREVISTO O SEU USO.

INFORMACIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) O LUNS ÁS 11:00H NA BIBLIOTECA DO CENTRO

Comedor escolar. Curso 2022/2023

5. LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR: DISPOÑIBLE NO TABOLEIRO DO CENTRO.

4. LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR: [1 de xullo].

3. IMPRESOS:

    SOLICITUDE DE USO PARA O CURSO 2022-2023.

    AUTODECLARACIÓN_ANEXO II.

    CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN.

    DECLARACIÓN RESPONSABLE (SÓ TRABALLADORAS/ES POR CONTA PROPIA).

2. INSTRUCIÓN 3/2022 

    Compendio lexislativo dos servizos educativos complementarios.

1. CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDE DE PRAZA DO COMEDOR PARA O CURSO 2022-2023.

XIV MARCHA CICLISTA ESCOLAR.17-6-2022

 

 O Concello de Narón convoca ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º cursos de primaria, así como ÁS SÚAS FAMILIAS, a participar na XIV Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón o vindeiro venres, 17 de xuño de 2022.

O noso grupo partirá ao redor das 10:30 horas, desde o recinto do CEIP A SOLAINA, recollendo en cada colexio ao resto de ciclistas do seu grupo. Será imprescindible, para a participación neste evento, que os nenos e as nenas traian a súa bicicleta e casco homologado para a realización da marcha. A policía local xunto con protección civil, o moto club e un grupo ciclista de Narón acompañarannos durante todo o percorrido ata chegar ao paseo de Xuvia onde se repartirán bocatas e bebidas.

Por último, temos que recordar que o regreso farase de maneira inversa á ida, deixando ao alumnado en cada colexio antes das 14:00 horas. Todos os familiares están convidados a participar nesta actividade coas súas bicicletas e cascos.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Colonia Verán 2022

Do 27 de xuño ao 2 de setembro vaise desenvolver a Colonia de vacacións de verán do Concello de Narón. As actividades realizaranse nas instalacións do CEIP A Gándara e estarán adaptadas a cada grupo de idade.

Información.

S-SOC-39_actividade_solicitude.

S-SOC-39_actividade_anexo_I.

S-SOC-39_actividade_anexo_II.

S-SOC-39_actividade_anexo_III.

Distribuir contido