Skip to Content
Balea s/n O Grove (Pontevedra) CP:36988 Tfno: 886 151 972 ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

O pasado 27 de outubro a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou unha aclaración sobre a xustificación das faltas de asistencia do alumnado por motivo de asistir a consulta médica, enfermidades ou indisposicións: "cando unha alumna ou alumno falta a clase por consulta médica, enfermidade ou indisposición será a nai/pai/titor legal quen xustifique documentalmente a falta, non sendo necesaria a presentación dun xustificante médico. O centro soamente solicitará unha xustificación complementaria na caso de que a inasistencia a clase por este motivo se produza de xeito continuado no tempo e para a cal o centro non dispoña de información suficiente que permita a súa xustificación"

 

Poden consultar a publicación completa no documento adxunto.

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DA ANPA

Pola presente convócase aos pais, nais, titores/titoras dos alumnos e alumnas do C.E.I.P As Bizocas á Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará na aula do comedor do propio centro, o próximo martes día 12 de setembro de 2023 ás 19.00 hs en primeira convocatoria, 19.15 en segunda, coa seguinte orde do día:

1.- Resumo de actuación levadas a cabo no curso 2022-2023, especialmente no comedor escolar.

2.- Balance de contas da asociación no curso 2022-2023.

3.- Actuacións a levar a cabo de cara ó curso 2023-2024.

            a) Comedor escolar

            b) Propostas de actividades extraescolares.

             c) Outras propostas de interese xeral.

4.- Outros asuntos de interese.

5.- Rogos e preguntas.

 

A Presidenta

María Gómez Meis

658103023 

MATRÍCULA COMEDOR ESCOLAR 23/24

Estimadas familias,

a ANPA do CEIP As Bizocas está preparando o comedor para o vindeiro curso escolar 23/24, e precisan facer unha estimación inicial do número de nenos e nenas que o usarán.

Achégase adxunta a matrícula do comedor escolar.

REVISTA ESCOLAR 2022/2023

Xoves 29 de xuño de 2023

Aquí tedes o último número da nosa revista escolar. Esperamos que vos guste!

Premede na imaxe para acceder.

TAREFAS FINAIS PDI "SOS-ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS"

Mércores 28 de xuño de 2023

O Equipo de Biblioteca recolle neste Genially as tarefas finais do PDI deste curso 22/23 que se presentará ao IX Concurso de Traballo por Proxectos. 

 
Premede na imaxe para velo!
 
 

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA ANPA 23/24

Dende a ANPA do CEIP As Bizocas fannos chegar o formulario de inscrición para facerse socio/a da ANPA no vindeiro curso 23/24.

Podedes descargar o formulario en adxuntos.

FIN DE CURSO 2022/2023

Mércores 21 de xuño de 2023

Este mércores 21 de xuño celebramos o fin de curso no CEIP As Bizocas. A xornada comezou co desfile de robots ODS, que o alumnado de 6.º de Educación Primaria programou cos MBot. Tamén realizamos fotos de grupo no photocall da entrada.

 

 

 

 

 

 

 

Posteriormente, foi o turno da graduación do alumnado de 6.º de Educación Primaria na que estivemos acompañados polas familias. Moita sorte na nova etapa!

 Logo, os alumnos/as de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria realizaron unhas coreografías preparadas pola mestra de Educación Física e ao rematar, alumnado, mestres e familias compartimos unha merenda saudable. 

A xornada rematou con xogos na praia onde cada grupo tiña que ir completando o seu cadro ODS.

E chegou o momento da despedida... Desde o cole:

Desexámosvos o mellor a todos os nenos/as de 6.º EP que rematades no centro! No CEIP As Bizocas sempre vos recibiremos cos brazos abertos!

Moi bo verán a tod@s! 

Vémonos en setembro!

Premede aquí para acceder ao álbum de fotos

 

SÁIDA FIN DE CURSO 4.º/5.º/6.º EP: MARCELLE

Martes 20 de xuño de 2023

E chegou o día tan esperado para o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE.

Este ano foi unha saída especial porque a realizaron de forma conxunta co alumnado do C.E.I.P. Manuel Mallo Mallo (Lugo), co que ao longo de todo o curso realizaron un intercambio lingüístico.

Despois dunha longa viaxe, chegaron ao colexio de Lugo, onde os agardaban con estusiasmo para darlles a benvida. Tras unha merenda, un tempo de xogo e o intecambio de cartas puxeron rumbo todos xuntos ao parque natural Marcelle Natureza. Aí divididos en grupos comezaron vendo algúns animais antes da hora de xantar. Pola tarde visitaron a reserva onde viron diferentes especies de animais e realizaron tiro con arco.

Sen dúbida foi unha bonita experiencia na que fixeron moitas amizades.

Premede aquí para acceder ao álbum:

M A R C E L L E

 

CHARLAS EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Xoves 15 e venres 16 de xuño de 2023

Ao longo de dúas xornadas, o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participou na terceira e última sesión das charlas sobre educación afectivo-sexual, unha actividade pedagóxica que ten como obxectivo formar aos nenos/as a través de información rigurosa e obxectiva a nivel biolóxico, psíquico e social.

Grazas a Noelia, seguimos afondando nos tipos de familia, sexualidade, emocións, uso responsable dos dispositivos móbiles... todas elas temáticas moi relacionadas co noso proxecto dos ODS.

 

NOVAS DA BIBLIOTECA: XUÑO 2023

xuño 2023

Estas son as novas máis importantes da biblioteca do mes de xuño.

Premede nos enlaces para acceder:

- Meninas reivindicativas ODS

- Última sesión do Club de lectura

- Recomendacións lectoras para o verán

               - Robótica ODS

             - Traballo final do proxecto competencial 3.º EP

                                            - Exposición sobre PDI e xogos 6.º EP

                                            - Circuítos sustentables 5.º EP

-Fin das mochilas viaxeiras

 

Distribuir contido


by Dr. Radut