Skip to Content

Outras actividades

REVISTA ESCOLAR 2022/2023

Xoves 29 de xuño de 2023

Aquí tedes o último número da nosa revista escolar. Esperamos que vos guste!

Premede na imaxe para acceder.

TAREFAS FINAIS PDI "SOS-ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS"

Mércores 28 de xuño de 2023

O Equipo de Biblioteca recolle neste Genially as tarefas finais do PDI deste curso 22/23 que se presentará ao IX Concurso de Traballo por Proxectos. 

 
Premede na imaxe para velo!
 
 

 

SÁIDA FIN DE CURSO 4.º/5.º/6.º EP: MARCELLE

Martes 20 de xuño de 2023

E chegou o día tan esperado para o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE.

Este ano foi unha saída especial porque a realizaron de forma conxunta co alumnado do C.E.I.P. Manuel Mallo Mallo (Lugo), co que ao longo de todo o curso realizaron un intercambio lingüístico.

Despois dunha longa viaxe, chegaron ao colexio de Lugo, onde os agardaban con estusiasmo para darlles a benvida. Tras unha merenda, un tempo de xogo e o intecambio de cartas puxeron rumbo todos xuntos ao parque natural Marcelle Natureza. Aí divididos en grupos comezaron vendo algúns animais antes da hora de xantar. Pola tarde visitaron a reserva onde viron diferentes especies de animais e realizaron tiro con arco.

Sen dúbida foi unha bonita experiencia na que fixeron moitas amizades.

Premede aquí para acceder ao álbum:

M A R C E L L E

 

CHARLAS EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Xoves 15 e venres 16 de xuño de 2023

Ao longo de dúas xornadas, o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participou na terceira e última sesión das charlas sobre educación afectivo-sexual, unha actividade pedagóxica que ten como obxectivo formar aos nenos/as a través de información rigurosa e obxectiva a nivel biolóxico, psíquico e social.

Grazas a Noelia, seguimos afondando nos tipos de familia, sexualidade, emocións, uso responsable dos dispositivos móbiles... todas elas temáticas moi relacionadas co noso proxecto dos ODS.

 

SAÍDA FIN DE CURSO 1.º/2.º/3.º EP: CORTEGADA

Martes 13 de xuño de 2023

Hoxe tivo lugar unha das actividades máis desexadas por parte do alumnado... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!!!!!

Nesta ocasión puxemos rumbo á illa de Cortegada, declarada Parque Nacional no ano 2002.

Comezamos facendo unha viaxe en autobús para chegar ao porto de Carril onde nos agardaban unhas lanchas que nos levaron ata Cortegada.

Alí, cos monitores Luis e Alba, coñecemos a misteriosa e curativa illa. Percorremos a Ermida dos Milagres, os restos da vila, as súas praias, os bosques de loureiros, salgueiros, carballos, ameneiros...

Despois de comer, tiñan organizados varios xogos cos que coñecemos parte da fauna mariña a través das cunchas dalgúns animais (vieiras, centolas, ameixas, berberechos, ovos de manta raia, etc.).

Á volta collemos unha boa molladura, xa que comezou a chover con forza. Pero pasámolo tan ben que ata desfrutamos do chaparrón!

Premede aquí para ver o vídeo!!!

 

VISITA AO INSTITUTO

Mércores 24 de maio de 2023

Como cada ano, antes de ramatar o curso, o alumnado de 6.º de Primaria realizou a visita ao I.E.S. As Bizocas, o noso centro adscrito. Na visita, coñeceron as instalacións, recibiron información de interese sobre a organización e funcionamento, etc. para facilitar o tránsito da etapa primaria á secundaria.

 

VISITA DO CEIP MANUEL MALLO MALLO (LUGO)

Venres 19 de maio de 2023

Ao longo deste curso 2022/2023 o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria está inmerso nun intercambio lingüístico, organizado polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo  cos que se cartearon en diversas ocasións intercambiando experiencias, anécdotas, historias...

Despois de varias correspondencias tiveron a sorte de poder coñecerse en persoa, xa que o centro educativo de Lugo realizou unha saída á nosa localidade, podendo ensinarlle lugares como a Siradella, a praia da Area da Cruz, o noso cole... entre outros. 

Pero... este intercambio non rematou nesta xornada, xa que o vindeiro 20 de xuño será o alumnado do CEIP As Bizocas quen visite ao alumnado de Lugo.

Foi unha xornada divertida na que se coñeceron e pasárono moi ben!

Pinchade na imaxe para ver máis!

 

SAÍDA AO TEATRO "CHOCOLATE"

Xoves 18 de maio de 2023

Este xoves, o alumnado do centro saíu de novo ata a Cultural de San Vicente para ver unha obra de teatro chamada "Chocolate", con motivo da celebración das Letras Galegas.

Nela, dous cociñeiros buscaban a receita perfecta do chocolate, polo que se embarcaron nunha viaxe con moitos obstáculos ata que por fin conseguiron facer o mellor chocolate.

Ao rematar tivemos a sorte de degustar a receita de chocolate máis deliciosa! Mirade que ben o pasamos e que rico comemos!

Premede aquí para acceder ao vídeo!

 

 

ACTUACIÓN O MAGO PACO

Martes 16 de maio de 2023

Na mañá deste martes, todo o alumnado do centro puxo rumbo á Casa da Cultura de San Vicente para asistir a unha actuación do mago Paco.

Os trucos combinaban a maxia coa igualdade de xénero, o valor das mulleres en diferentes ámbitos da vida...

Houbo algúns nenos/as que tiveron a sorte de participar nos trucos e converterse en verdadeiros magos e magas.

Fixérono xenial e pasámolo moi ben!

Premede aquí para ver o vídeo

 

CHARLA SOBRE AS ESPECIES VEXETAIS INVASORAS

Luns 15 de maio de 2023

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou nunha charla sobre as especies vexetais invasoras que poden encontrase en Galicia.

Aprenderon a identificar algunhas delas, a recoñecer os problemas e consecuencias das mesmas, así como certas estratexias para solucionalo.

Con este tipo de actividades seguimos a ampliar coñecementos e a profundizar no noso proxecto de centro "ODS".

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a un pequeno vídeo da xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut