Skip to Content

Novas

O CENTRO RECIBE O RECOÑECEMENTO DISTINTIVO VIOLETA

Luns 30 de xaneiro de 2023

A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero certificou que o noso centro educativo superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.

 

 

ENTREGA DE NOTAS 1.ª AVALIACIÓN 2022/2023

Os titores/as entregarán os boletíns de notas ás familias no seguinte horario:

 

MARTES 20 de DECEMBRO a partir das 16:00 h.

 

Os mestres/as citarán aos pais/nais por quendas para evitar esperas. Nos días previos á entrega, recibirán a citación.

 

PLAN DIXITAL

Estimadas familias

 

Achégase adxunto o Plan Dixital do Centro.

 

 

CIRCULAR A.N.P.A

Estimadas familias,

Podedes consultar nos documentos adxuntos información relativa á A.N.P.A. trala reunión mantida o martes 27, así como o documentos de inscrición para ser socio/a.

INFORMACIÓN BECAS NEAE

Estimadas familias,

 

Achégase en arquivo adxunto un resumo para solicitar as becas NEAE para o presente curso escolar, para calquera dúbida dirixirse ao Departamento de Orientación, os mércores ou xoves.

 

Un saúdo.

REUNIÓNS TITORIAIS COAS FAMILIAS 2022/2023

As renións titoriais de inicio de curso coas familias terán lugar nas aulas de cada grupo no seguinte horario:

  • Educación Infantil: martes 6 de setembro ás 11:30 h.
  • 1.º Primaria: martes 20 de setembro ás 17:00 h.
  • 2.º Primaria: martes 27 de setembro ás 16:00 h.
  • 3.º Primaria: martes 20 de setembro ás 16:00 h.
  • 4.º Primaria: martes 20 de setembro ás 16:00 h.
  • 5.º Primaria: martes 27 de setembro ás 17:00 h.
  • 6.º Primaria: martes 20 de setembro ás 16:45 h.

COMEZO DAS CLASES CURSO 2022/2023

As clases para o alumnado no curso 2022/2023 comezan o

XOVES 8 de SETEMBRO.

Horario de 08:40 a 13:40 h.

(entrada anticipada desde as 08:25 h.)

 

DÍA NON LECTIVO + FESTIVO

Maio 2022

Os días 16 e 17 de maio non haberá clase por tratarse de días non lectivo e festivo en Galicia, respectivamente.

 

VISITA AO IES AS BIZOCAS

Mércores 11 de maio de 2022

O alumnado de 6.º de Primaria visitou o noso instituto adscrito, o IES As Bizocas, para coñecer as instalacións e o seu funcionamento de cara ao próximo curso.

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas neste centro para o vindeiro curso académico 2022/2023.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios do centro, onde se poderá consultar presencialmente, e mais telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ á que poden acceder empregando a Chave365 ou certificado dixital. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut