Skip to Content

blogue deadmin

ACTIVIDADES E MÁIS NOS BLOGUES DO CENTRO

Poderedes consultar todas as actividades que se van realizando no blogues do cole de forma actalizada: no blog da biblioteca e dinamización e no blogue de Educación Física.

Pinchade nas imaxes para acceder!

 

ALERTA LARANXA PARA O MÉRCORES 9 DE OUTUBRO

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS en toda Galicia desde as 6h ata as 14h.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O MÉRCORES 9 en todos os centros educativos de Galicia.

  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Eleccións ao Consello Escolar: Anuncio de sorteo para a Xunta Electoral

RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro 15 de outubro realizarase neste centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral ás 11:00 na sala de mestres.

A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.

PROGRAMACIÓNS CURSO 24/25

Adxuntamos o enlace coas programacións didácticas para este curso 24/25:

 https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/9qi2x5romDipgim

Convocatoria da Asamblea Xeral da ANPA

Bo día. Adxuntamos a convocatoria da Asamblea Xeral da ANPA CEIP As Bizocas. 
 
 
 
Pola presente convócase aos pais, nais, titores/titoras do alumnado do C.E.I.P. As Bizocas á Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará na aula do comedor do propio centro o próximo mércores día 18 de setembro de 2024 ás 19.00 h. en primeira convocatoria, 19.15 en segunda, coa seguinte orde do día:
 
  1.   1.- Resumo de actuacións levadas a cabo pola ANPA no curso 2023-2024.
  1. 2.- Balance de contas da asociación no curso 2023-2024.
    3.- Actuacións a realizar de cara ó curso 2024-2025:
    1. - Comedor escolar, actividades extraescolares, festas puntuais, etc…
  2. 4.- Excursión fin de curso 6º E.P.
    5.- Novas incorporacións e baixas na directiva da ANPA.
    6.- Rogos e preguntas.
    A Presidenta,                                                              
    María Gómez Meis                                                    
    658103023

 

Documentación para darse de alta como socias e para o servizo do comedor CURSO 24/25

Adxúntase a continuación a documentación necesaria para darvos de alta como socias/os e para solicitar o servicio de comedor, dispoñible desde o primeiro día lectivo.
 
Importante REMARCAR que é preciso SER SOCIAS/OS para facer uso do comedor.
 
En breve imos convocarvos para a Asamblea Xeral no inicio do curso.
Moitas grazas e benvidas de novo, familias!
 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Estimadas familias,

está publicada a listaxe definitiva de fondo libros no taboleiro do centro escolar.

Poderán recoller os vales para libros e material escolar  a partir do 1 de setembro.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Estimadas familias,

está publicada a listaxe provisional de fondo libros no taboleiro do centro escolar. Pódese consultar en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Cóntase con 2 días hábiles para realizar calquera reclamación, a partir dos cales se publicará a listaxe definitiva

Recoméndase non mercar nada ata setembro.

Un saúdo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25 1º E 2º DE EP

RECOMÉNDASE NON MERCAR ATA SETEMBRO.

Adxúntase PDF coa listaxe de libros para 1º e 2º de EP.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 24/25

No DOG do 20/05/2024 publicouse a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25

- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado que se matricule en 3º e 4º E.Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado que se matricule en 1º e 2º E. Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de E. Primaria.

 

O prazo de solicitudes vai do 21 de maio ata o 21 de xuño, incluído. NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.

Terán acceso ao formulario da solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) , onde deberán cubrir os datos. Poderá presentarse por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) (de facela por vía electrónica será necesario tramitar unha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean admitidos no mesmo centro).

Tamén se poderá cubrir a solicitude que poderedes recoller no centro ou descargala da aplicación e presentala PRESENCIALMENTE

Teñen toda a información na Orde de Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

Distribuir contido


by Dr. Radut