Skip to Content

blogue deadmin

REUNIÓNS EDUCACIÓN PRIMARIA INICIO CURSO 21/22

Estimadas familias,

A vindeira semana levaranse a cabo as reunións de Educación Primaria. Nestas reunións pedimos que asista un único adulto por cada un dos nenos/as matriculados no noso centro. Se fose necesario faríanse reunións telefónicas cos que non poidan asistir.

 

martes 14 de setembro teremos as seguintes reunións:

 

5º E.P. e 6º E.P.: 16:00 horas.

 

-  1º E.P.: 17:00 horas.

 

martes 21 de setembro realizaranse as seguintes reunións:

 

2º e 3º E.P.: 16:00 horas.

 

4º E.P.: 17 horas.

 

Un saúdo.

 

DESCARGA ABALAR: COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Estimadas familias,

 

espazoAbalar é unha plataforma da Consellería empregada para a comunicación coas familias.

Por iso, será a ferramenta utilizada dende o centro para as comunicacións puntuais que poidan levarse a cabo.

Preme no seguinte enlace para obter información e como poder descargala.

espazoAbalar : abalarMóbil (xunta.gal)

 

Para calquera dúbida podedes contactar co centro.

 

Un saudo.

 

REUNIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL INICIO DE CURSO 21/22

Estimadas familias,

A vindeira semana levaranse a cabo unha serie de reunións para falar da volta ao cole. Nestas reunións pedimos que asista un único adulto por cada un dos nenos/as matriculados no noso centro. Se fose necesario faríanse reunións telefónicas cos que non poidan asistir.

 

martes 7 de setembro teremos as seguintes reunións:

 

3 e 4 anos: 11:00 horas.

 

5 anos: 11:00 horas.

 

Un saúdo

CONTACTO MES AGOSTO

Estimadas familias

 

Dende o luns 26 de xullo ata o 31 de agosto, para aquelas cuestións importantes poderedes contactar co centro chamando ao teléfono 886 151 972 ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.es.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut