Luns, 17 de xaneiro de 2022
Queridas familias, nenos e nenas:
Espero que todos/as vos encontredes ben e que estes días de confinamento pasen o máis rápido posible para poder volver ao colexio canto antes.
Cada día subeirei nos documentos adxuntos o traballo correspondente para que o vaiades facendo na casa segundo poidades. Non pasa nada se non o realizades todo, pero é importante que non perdades a rutina.
É necesario que as familias veñades ao colexio buscar o material para traballar na casa os días de corentena: libretas, tablets, fichas (van grampadas por materias)...
Se todo vai ben, eu estarei no centro dando clase aos nenos/as que non están confinados e organizando e preparando as tarefas para os/as que permanecen na casa.
Espero vervos pronto!
A profe Olalla
NOTA: a partir do mércores 9 de febreiro non se subirán máis actividades, dado que xa remataron todos os confinamientos derivados da COVID-19.