Skip to Content

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 24/25

No DOG do 20/05/2024 publicouse a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25

- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado que se matricule en 3º e 4º E.Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado que se matricule en 1º e 2º E. Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de E. Primaria.

 

O prazo de solicitudes vai do 21 de maio ata o 21 de xuño, incluído. NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.

Terán acceso ao formulario da solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) , onde deberán cubrir os datos. Poderá presentarse por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) (de facela por vía electrónica será necesario tramitar unha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean admitidos no mesmo centro).

Tamén se poderá cubrir a solicitude que poderedes recoller no centro ou descargala da aplicación e presentala PRESENCIALMENTE

Teñen toda a información na Orde de Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html



blog | by Dr. Radut