Skip to Content

Samaín

CONCURSO DE CABAZAS

Xa vistes as fotos das terroríficas cabazas que fixeron as nosas nenas e nenos coa axuda impagable das familias. Todas ben ideadas e fermosas pero...como todo concurso o xurado resolveu que estas foran as gañadoras:

SABELA 1ºA

ANDREA 2º

VALENTINA 3ºB

JULIA BERMEJO 5º

NORABOA A TODAS!!!!

CHEGOU O SAMAÍN!!!

Xa non queda nadiña...achégase a festa máis terrorífica do ano, unha das que máis gusta ás nosas nenas e nenos. Levan días pensando en como virán vestidos e, se terán moito medo, nesa entrada terrorífica que preparan con moita ilusión as mestras e mestresSorprendido.

Os corredores do cole locen cheiños de caveiras, esqueletes, arañas, morcegos...A entrada ó cole, encheuse estes días de cabazas decoradas nas que destaca a orixinalidade das familias...canto discorren!!!Indeciso Tamén vedes un chamativo mural que nos recorda que...é Samaín!!!

Gozade coas imaxes!!!!:

Entrada arrepiante

O noso venres de samaín é unha data na que moitos dos nosas rapazas e rapaces esperan con ilusión e porque non dicilo, cun pouquiño de medo. Pero como son curiosos por natureza propia....atrévense  con todo. E para mostra, esta entrada arrepiante. 

O SAMÁIN XA ESTA AQUÍ!!

Esta chegando esta festa quer tanto nos gusta : O Samaín. Todos os anos disfrutamos moito pero este ano, ainda que doutro xeito, tamén a festexaremos.

Comezamos ca decoración da entrada do noso cole , mirade que chulo quedou:

E moitas mais manualidades que os nosos pequenos artistas están facendo para que o noso cole sexa un cole "monstruoso".

UN SAMAÍN CHEO DE CABAZAS

Como ven sendo habitual, nestas datas de Samaín, non poden faltar as cabazas. Esas que xa puñan os nosos ancestros, os celtas, nos cruces, na porta das súas casas...
 
A vosa creatividade, imaxinación...e participación, cada ano sorpréndenos!!!
 



Estas fotos amosan o artistas que sodes!!!!

 







Graciñas familias, rapazada por participar tan activamente!

XA ESTAMOS NO SAMAÍN!!!!!

Xa chegou! Xa está aqui!



Os alumnos de primeiro e quinto foron os encargados da decoración desta festa. 

O recuncho quedoulle ben tenebrosooooo

 
Pero, todos participaron na ambientación dos corredores, entrada...
 

 

Sodes uns artistas!!!! Xenial rapaces!!!
 

OBRADOIROS TENEBROSOS DE SAMAÍN

Hai uns días iniciamos os preparativos do Samaín e, como nesta época do ano nos encanta que o cole estea HORRIPILANTE ... fixemos uns obradoiros de manualidades tenebrosas!

 
Foi unha actividade voluntaria, polo que os nenos e nenas que quixeron participar, foron inscribirse o luns ao recunchiño da entrada....e tal como esperabamos...acudiron moit@@@@@s dispostos a traballar!!!
 
Como acostumamos dende hai uns anos, traballaron maiores e pequenos, experiencia da que ambos desfrutaron moito. O primeiro dia foi o mércores 23, compartiron actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de 6º.  O xoves participaron os nenos e nenas de 2°, 4° e 5°. E o venres tocoulle a 1° e 3°
Aproveitando que  estamos  levando a cabo, o Proxecto de Reciclaxe e Medio AMBIENTE, non dubidamos en utilizar materiais RECICLADOS, coma papeis vellos, botellas e alfombriñas das que se poñen no rato da computadora, coas que elaboramos uns cuños terroríficos.
 
Prema nas imaxes para velas en grande.
 
 









 


Foi unha experiencia MARABILLOSA e, por suposto.... TENEBROSA!!!
 
E agora... a seguir disfrutando unhas xornadas máis desta festa, convivindo e aprendendo algo novo cada día.
 
Unha forte aperta e... Feliz Samaín!!!
 
 
 

XA CHEGA O SAMAÍN!!

 

Estimadas familias:

  Achegase o Samaín e xa comezamos a preparar a celebración. O tema deste ano será “Noite de mortos”.

  Coma outros anos, convidámosvos a  colaborar na decoración do centro achegando as cabazas que preparedes

cos vosos fillos e fillas. Podedes traelas ao colexio o luns 28 dende as 8:15 da mañá.

  O día 30 de outubro celebraremos a festa na escola. Por suposto, os alumnos poden vir disfrazados ese día

  Entre outras actividades, realizaremos unha “Andaina monstruosa” pola vila da Guarda. 

  Sairemos da escola ás 10:00 cara a praza de Avelino Vicente, onde faremos unha parada na que poderemos disfrutar

dunha cancións que cantarán os nenos e nenas.

  Os alumnos de Primaria seguirán logo cara a Praza do Reló onde volverán cantar e os mais pequenos irán á Alameda.

  Ao rematar volveremos ao cole para continuar coa celebración e merendar.

  Nesta ocasión correspóndelle aos alumnos de 6º e 1ºA  traer a comida. Recordámoslles ás familias dos nenos e nenas

que teñen algunha alerxia alimentaria que, para maior seguridade, deben traer a súa merenda ese día.

 Moitísimas grazas pola colaboración!

 Aquí están as cancións que traballaremos no cole:

 

 

 

O próximo venres 27 de setembro a poiaremos a folga mundial polo clima!!

O vindeiro venres 27 de setembro o noso centro apoiará a folga polo clima facendo unha marcha verde con pancartas reinvindicativas ata o Castelo de santa Cruz. Alí xunto cos outros centros educativos públicos da localidades faremos unha plantación de landras en calzado vello.

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!!

O mércores 31 celebramos o Samaín no cole.

Foi unha mañá moi intensa na que o pasamos terroríiiiificamente ben. Comezamos a mañá  entrando no cole as escuras … coas cabazas iluminadas e música terrorífica…

A continuación fixemos as fotos de grupo  

De seguido, visitamos a exposición de cabazas marabillosamente decoradas.

Seguimos celebrando a festa, ahora desfrutamos do conto “A bruxa regañona” cuns contacontos estupendos: Codia e Miolo.

E chegou o momento de repor fozas! Merendamos unha comida riquísima que trouxeron os nenos de 3º.

 

Agradecémosvos a colaboración prestada.

Pero... aínda queda a actividade máis esperada. Estade atentos, en nada descubrirédela!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut