Skip to Content

autismo

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO

Se estima que 7 millóns de personas teñen trastorno do espectro autista (TEA) en Europa. En España, máis de 450.000. Para elas, o acceso educación e o emprego non son solo un dereito, senón tamén factores clave para a súa  calidade de vida.   

Para visibilizar as barreiras e oportunidades das personas con autismo os nenos viñeron ao cole  cunha prenda de cor azúl e fixewron unha serie de  actividades  que poderedes ver no seguinte vídeo:

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!

2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Queridas familias:

 

O 2 de abril conmemórase o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. A Federación Autismo Galicia convidounos a participar nas actividades que propón xunto Autismo España e outras entidades. Nos seguintes enlaces podedes ver en que consiste:

https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/

https://www.youtube.com/watch?v=eAeOX0k-H8M

 

O lema é “PODO APRENDER. PODO TRABALLAR” e incide na educación e no emprego.  Estamos encantados de participar, adaptando a proposta ao noso centro, e para iso os mestres e mestras iniciamos a tarefa, a continuación podedes ver o vídeo coa nosa aportación.

 

Queredes participar nesta marabillosa iniciativa? No noso centro imos facelo da seguinte maneira: 

1º Sostén coa man unha ferramenta ou utensilio relacionado con algunha das túas habilidades ou capacidades.

2º Fai unha foto sostendo ou usando a ferramenta (so o brazo, como aparece no vídeo anterior).

Se queredes que publiquemos as vosas fotografías na web do colexio podedes envialas a ceip.asangrinha@gmail.com ata o día 31 de marzo.

 

Ademáis, como podedes ver no enlace de arriba, a federación de autismo propón que as compartades nas vosas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar.

Distribuir contido


by Dr. Radut