Skip to Content

Actividades

PLANTACIÓN DA HORTA DA SANGRIÑA

Coa axuda dos Contrato Programa EDUSOSTENIBILIDADE e VOZ NATURA renovamos a nosa horta: uns robustos bancais de madeira, terra e...  un moi bo abono que fomos obtendo no noso composteiro.

Coa nova estación, a primavera, chegou o momento da plantación!!!

Cargados coas plantiñas, a regadeira cheiña de auga e toda a ilusión do mundo, o noso alumnado púxose mans á obra!!!

Plantamos de todo un pouquiño, tendo en conta claro, o espazo do que dispomos.

As nenas e nenos máis pequech@s, plantaron leitugas, cenorias, cebolas e porros. Os máis maiores pementos de Padrón, brócoli,cabaciñas e máis cenorias.

Agora a esperar que medren, regándoas e coidándoas. 

  

BO TRABALLO!!!!

A COLLEITA DA NOSA HORTA

Despois de meses de espera, de moito regar, sachar e esperar, chegou o momento de recoller os productos da nosa horta: cenouras, brócoli, leituga e remolachas . Disfrutamos moito deses días e despois nas casas degustando productos totalmente ecolóxicos e naturais. Aquí están algunhas fotiños:

 

 

MELLORAS NO PATIO!!

O noso centro leva anos tentando mellorar o patio escolar; partiu dun proxecto que ten como título "Un patio cheo de vida" que comezou ca plantación das árbores, ca creación da Horta da Sangriña e da transformaión dun antigo patio de fútbol nun patio con diferentes espazos, tentando mellorar a calidade educativa deste.

Este curso o centro mercou un parque e unha casiña cun teito para escalar novo que o Conecello colocou e que agora todo o cole espera con ilusión e entusiamos  poder disfrutar del.

 

 

E xa levábamos tempo na procura dun espazo exterior para poder dar clase, para poder sentarse a leer un conto, a debuxar, para facer equilibrios, etc. Así que falamos ca Comunidade de Montes de A Guarda para que nos donase uns troncos para facelo pero despois de analizalo ben decidimos  facelo con  madeira tratada, reciclada do paseo marítimo da Guarda; xa que é mais duradeira e segura. Despois de meses de espera por fin hoxe viñeron acolocalo e quedou precioso:

 

Moitas grazas a Comunidade de Montes de A Guarda, ao Concello e a Dirección do centro por todas estas melloras para os nosos nenos e nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut