Skip to Content

5º Educación Primaria

BICICLETAS NO CENTRO

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, o alumnado de 5º de primaria gozou no patio do ciclismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a calidade de vida de todos os nosos cidadáns.

Xa o día anterior foron traendo as súas bicicletas con moita ilusión. E chegou o día. Todo preparado no patio...Comezaron!!!

E aquí os tedes en acción. Canto desfrutaron!!!

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º E 5º

Hai  25 anos  nacía o programa VOZ NATURA  co obxectivo de fomentar a defensa do medio ambiente de Galicia desde as aulas.O noso Centro leva varios cursos participando nas distintas actividades programadas.

Os colexios guardeses A Sangriña e As Solanas foron os primeiros de Galicia en participar nas accións especiais que conmemoran o 25 aniversario de Voz Natura.

Nesta ocasión, a acción dos centros escolares da Guarda desenvolveuse no primeiro dos cinco tramos do Camiño Portugués da costa que realizarán os colexios durante este curso e que lles levará a pasarse a testemuña duns a outros.

 Comezou o noso tramo de camiño no Centro coa foto de partida do alumnado de 4º e 5º ...

...collendo a testemuña da man da mestra responsable de Voz Natura, Lucía Lima.

 

Na praia retomaron forzas despois da camiñata...

Entregaron a testemuña ó Centro das Solanas:

E rematou a xornada coa fotaza final dos dous Centros xuntos.

 

Para rematar, aquí deixamos o enlace á noticia  no xornal "La voz de Galicia" onde se pode ler ademáis o traballo ambiental desenvolto nos dous cursos anteriores no noso Cole. 

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-2309-La-25%C2%AA-edici%C3%B3n-de-Voz-Natura-arranca-con-dos-colegios-de-A-Guarda&idioma=Galego

GALICIA LE

Sabías que mentres dure o confinamento podes seguir leendo?

A plataforma de préstamo de Bibliotecas Públicas Galegas poncho ben fácil!

Só tes que rexistrarte e podes descargar calquer libro do seu catálogo, tanto en galego como en castelán... e sabías que tamén teñen películas?

Deixamos a ligazón como permanente no lateral dereito... Non to perdas!

PREPARANDO O DÍA DA PAZ!!

ACHÉGASE O DÍA DA PAZ E INICIAMOS OS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR ESTA DATA SABENDO QUE, PARA LOGRAR UN MUNDO MELLOR, ESTE TRABALLO, PENSAMENTO E BOA ACTITUDE NOS DEBE ACOMPAÑAR OS 365 DÍAS DO ANO.

 

E COMO PAZ E AMOR SON MOITO MÁIS CA PALABRAS E, POR SUPOSTO, ESTÁN MOI RELACIONADAS, AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTA FERMOSÍSIMA CANCIÓN DE "O SONORO MAXÍN" QUE NO CEIP ESCULTOR ACUÑA ADAPTARON A LINGUA DE SIGNOS.

UN MARABILLOSO TRABALLO QUE NOS DEIXOU COA BOCA ABERTA...

DISFRUTÁDEA!!!

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ESTE ANO CONMEMORAREMOS O 25 N, O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TRABALLANDO A CANCIÓN DE ROZALÉN "LA PUERTA VIOLETA", AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN E A SÚA LETRA:

 

La Puerta Violeta

Una niña triste en el espejo me mira prudente y no quiere hablar
hay un monstruo gris en la cocina
que lo rompe todo
que no para de gritar.

Tengo una mano en el cuello
que con sutileza me impide respirar
una venda me tapa los ojos
puedo oler el miedo y se acerca.

Tengo un nudo en las cuerdas que ensucia mi voz al cantar
tengo una culpa que me aprieta
se posa en mis hombros y me cuesta andar.

Pero dibujé una puerta violeta en la pared
y al entrar me liberé
como se despliega la vela de un barco.
Desperté en un prado verde muy lejos de aquí
corrí, grité, reí
sé lo que no quiero
ahora estoy a salvo.

 

 

 

CONCERTOS DIDÁCTICOS

Un ano máis asistimos aos concertos didácticos convidados polos profes e alumnos do conservatorio. 

 

 
Amoránonos as súas especialidades 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
Encantounossss. 
Distribuir contido


by Dr. Radut