Skip to Content

actividades centro

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO CEIP A SANGRIÑA

O día 11 de xaneiro os alumnos do: Ceip A Sangriña, Colexio San Xerome e Avelaiña, xunto co seu profesorado, levaron a cabo unha plantación de carballos no patio do centro. Cada aula plantou una árbore que formará parte da carballeira que se pretende crear para ter un espazo verde dentro do recinto escolar no que poidan xogar e realizar actividades.

O concello de A Guarda colaborou na realización dos traballos con persoal e maquinaria.

 


XORNADA DE EMERXENCIAS

O pasado venres, día 17 de febreiro, no cole tivemos unha xornada moi especial.

Comezamos cun simulacro de emerxencia no interior do centro. De seguido, recibimos a visita do Equipo de urxencias sanitarias ( 061) que nos explicaron as súas funcións e que facer en varios casos nos que nos podemos atopar calquera día.

Tamén se achegaron ao centro o Equipo de intervención GES do Concello de A Guarda, que nos amosaron os seus materiais de traballo e como os usan.

Para rematar a xornada, unha sorpresa!

Na porta do cole  nos esperaban os autobuses para levarnos ao porto e... alí descubrimos de que se trataba:O helicóptero PESCA 1, que  fixo un simulacro de rescate dun ferido e posteriormente aterrou no heliporto. Alí puidemos ver como era no seu interior e nos foron explicando cada unha das nosas preguntas.

Foi unha actividade que nos engaloiou a todos!!!

Grazas a todos os que fixestes posible esta xornada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut