AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

 

 Dende hoxe e ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para solicitar axudas para material escolar do alumnado de

primaria (de 1º A 5º), xa que o alumnado 6º que cursará 1º da ESO ( realizara o trámite xa dende o IES de Rodeira ou aquel no que decidiran matricularse)

 

A solicitude deberá ser asinada e presentada xunto a unha fotocopia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza

de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade ou documentación acreditativa de ser vítima de

violencia de xénero, no caso en que a unidade familiar non coincida, precisaredes un certificado de convivencia.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente de xeito telemático, na aplicación FONDO LIBROS,Para iso,

precisaredes contar coa Chave 365 ou ben co Certificado dixital, outra opción será presentar a solicitude na

secretaría do centro, cubrindo os documentos adxuntos (ANEXO I  e ANEXO II) o horario de atención será de 09:30

a 10:15 horas e de 13:45h a 14:30h