ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

O próximo luns, 1 de marzo , comeza o procedemento de admisión de novo alumnado para o curso 2021-2022, que estará aberto ata o 22 de marzo.

A oferta de prazas está no taboleiro de centro e tamén se achega aquí en documento adxunto.

Para solicitar unha praza deberase cubrir o formulario Anexo II (adxunto máis abaixo ou en conserxería) e presentalo no centro (con cita previa) ou ben, de xeito telemático, con algunha destas opcións:

Documentación a entregar:

  • Solicitude de Admisión (Anexo II)
  • Fotocopia do libro de familia e/ou dos DNIs d@s proxenitor@s e d@ alumn@.
  • Volante de empadroamento (solicítase no Concello)

Prazos:

  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 25 de marzo ao 5 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: 23 de abril.
  • Reclamación ás listas provisionais: Do 26 de abril ao 3 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 14 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Para solicitar a cita previa ou máis información:

Para acceder ao centro:

  • Contar coa cita previa
  • Entrar pola porta do comedor e agardar a quenda para ser atendid@.
  • Levar máscara e utilizar o xel hidroalcohólico.

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G_2021_2022.pdf206.54 KB
Oferta de prazas_2122.pdf235.47 KB