Novas

Matrícula curso 2015-2016

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016:

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.

Toda a información no enlace da Consellería.

 Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 23 de marzo ao 14 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 27 de abril ao 4 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)

Información de interese:

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia:
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

 

OFERTA DE PRAZAS NO CEIP A RÚA

 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.

  • 5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas

  • 6º de Educación Infantil (5 anos): 5 prazas

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º de Educación Primaria: 1 praza para n.e.e.

  • 2º de Educación Primaria: 5 prazas

  • 3º de Educación Primaria: 10 prazas

  • 4º de Educación Primaria: 2 prazas

  • 5º de Educación Primaria: 2 prazas

  • 6º de Educación Primaria: 1 prazas

 

Escolas de familia (Horarios)

PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR "MAIS QUE UN TEITO"

GRUPOS DE TRABALLO PARA PAIS NAIS E EDUCADORES/AS

CURSO 2014-2015

As escolas de familias que organiza o concello de Cangas en colaboración cos centros educativos son un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai e teñen como obxectivo conseguir uns educadores/as que aceptan e alenten a progresiva autonomía dos fillos e fillas, que teñan seguridade e confianza na súa labor educativa e que consigan mellorar as súas relacións familiares e sociais.

 En xeral trátanse aspectos relacionados coa educación dos fillos e fillas, a educación para a saúde e a educación emocional, dándolle moita importancia á comunicación e as habilidades sociais. As achegas das persoas asistentes son de grande interese á hora de presentar tanto temas como conclusións.

 As datas e horarios definitivos dos grupos de traballo son:

 . Colexio Eduardo Pondal: Luns ás 15.30. Próxima reunión, 27 de outubro.

 . CEIP Cangas (Nazaret): Luns ás 17.00. Próxima reunión, 17 de novembro.

 . CEIP Espiñeira, Aldán: Martes ás 16.30. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP Castrillón: Martes ás 16.00. Próxima reunión, E. Infantil, 28 de outubro.

 . IES Rodeira, Mª Soliño e Montecarrasco: Martes ás 18.45, na sala de usos múltiples do IES Rodeira. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP San Roque: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 29 de outubro.

 . E.I. Choupana: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 5 de novembro.

 . CEIP O Hío: Xoves ás 17.00. Próxima reunión, 6 de novembro.

 Os grupos reúnense quincenalmente. Se hai un número elevado de pais e nais que o demanden, cóntase cuns coidadores que se encargan de facer actividades cos fillos e fillas das persoas asistentes ás reunións.

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014-2015

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).

No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que poden descargar nesta mesma entrada ou que poden solicitar no centro educativo. (Neste caso lembren que non recibirán información escrita, terán que poñerse en contacto coa sección de Bolsas  para coñecer o estado da súa solicitude).

Tamén adxuntamos  unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución.

O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

Axudas Comedor Escolar 2014-2015

O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.

As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).

Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para 2º, 4º e 6º, para o curso 2014-2015.

 Libros de texto para o curso 2014-2015

 Material escolar para o curso 2014-2015

A publicación dos libros e o material que se utilizará en 1º, 3º e 5º de Primaria queda pendente da aprobación do Decreto que desenvolve a LOMCE en Galicia

Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!

   

Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental
 
 
MASSÓ NO RECORDO

 

Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe

 

Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas
 
 

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Convocatoria: Orde do 28 de maio de 2014.  

 
 
Prazo de presentación de solicitudes: Do 2 de xuño ao 2 de xullo. Poderanse cubrir no enderezo electrónico indicado e tamén no colexio (haberá impresos en Conserxería).
 
Prazo de recollida dos vales: Os días 7 e 8 de xullo de 10:00 a 12:00.
 
Requisitos para acceder ás axudas:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. O alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
4. Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015, xa que este alumnado disporá dun entorno virtual de aprendizaxe. O colexio solicitou a participación neste proxecto pero aínda non saíu a resolución cos centros seleccionados.
Documentación a presentar

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un documento que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2012.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Principais novidades desta convocatoria:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto e non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario.
2. O alumnado (excepto o de 1º e 2º de Primaria) ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015, a un fondo solidario (banco de libros).

Matrícula curso 2014-2015

Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015

Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 24 de marzo ao 4 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria: 

  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería) 
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI - 2 fotografías tamaño carné 
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas 
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
Distribuir contido