Bo día!
Ahí vai a proposta de hoxe... .
Familias, coma sempre sodes imprescindibles, precisamos un colo, con sitio para as crianzas que teñades na casa.
Buscade un sitio tranquilo, o chan, o sofá, a cama... Abrazádevos, e respirade fondo...
Hoxe pola mañán apareceu na pantalla do meu ordenador, esta fotografía. Que vos parece? Teño moitísimas dúbidas e quería que vós me axudarades a resolvelas. Que faría eu sen vós?
Por que credes que Irene sorrí cando zoa o vento?
Como credes que sería a casa ou o piso de Irene na cidade?
Como chegou Irene á súa nova casa?
En que pasa o tempo Irene ao longo do día?
Como consigue a comida?
Cal é a súa comida preferida?
Cantos cuartos ten a casa de Irene?
Ti que preferirías vivir na cidade ou na casa de Irene?.
Se queredes comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo
rociocandalescovid19@gmail.com.
Un bico