Skip to Content

Proposta de actividades e recursos para Educación Primaria

Boa tarde de novo familias!

 O último día na entrada sobre o P.E.L.O deixámosvos contidos a traballar o mesmo para a etapa de E.I. creando un enlace a Drive.

Hoxe voltamos coa creación do mesmo enlace para Drive pero para a etapa de Educación Primaria. As carpetas estarán divididas por cursos e por temática, e iremolas enchendo progresivamente con contidos que teñan como finalidade o traballo de habilidades cognitvas.

Deste xeito poderedes ver as carpetas de:

Atención: é a capacidade de xerar, dirixir e manter un estado de activación axeitado para o correcto procesamento da información. 

Conciencia Fonolóxica: unha das bases da lectoescritura.  A conciencia fonolóxia é unha habilidade lingüística que nos permite identificar e empregar os distintos sons que constituen a linguaxe, como os fonemas e as sílabas. A conciencia fonolóxica desenvólvese en idades temeperás e de xeito previo ao aprendizaxe da lectoescritura. 

Memoria de traballo : conxunto de procesos que nos permiten o almacenamento e manipulación temporal da información para a realización de tarefas cognitivas complexas como a comprensión da linguaxe, lectura, matemáticas e aprendizaxe.

Tamén iremos aportando materiais a través da creación de carpetas de destrezas xerais: comprensión, expresión, etc. 

Dende o Departamento de Orientación non pretendemos nin moito menos saturarvos con mil actividades, xa que somos conscientes do traballo proposto polos equipo docentes e temos en conta a situación extraordinaria que estamos a vivir, pero dende aquí sí queremos ofrecervos unha mostra moi xeral da tipoloxía de actividades alternativas que se poden levar a cabo dentro da Atención a Diversidade.  

Enlaces:

1º-2º https://drive.google.com/drive/folders/1V22WH3kk7-6Bhxp_XgVEHIugd0VrVJSB?usp=sharing

3º- 4º https://drive.google.com/drive/folders/1iOCilak88bPUXQaiVXbOmL99Eb-rwxui?usp=sharing

5º- 6º https://drive.google.com/drive/folders/1UDBHuLpsOLNaS2OcP_dr4CpdAsS2x8KF?usp=sharing

Moito ánimo e forza!



contido_mestres | by Dr. Radut