Bos días a todas e a todos!
Aquí vos deixo un primer traballiño para que poidades realizar na casa, xa falaramos de facer un diario con todo aquilo que imos vivindo nestes días nas nosas casas e cas nosas familias. Pero para dinamizar un pouco o texto e facelo máis divertido e variado podemos utilizar o modelo das fichiñas de lectura.
Por exemplo, se un día cociño con papá ou mamá podo contalo no diario; con quen fixen a receita, de que era, en que axudei eu, foi divertido? e facemos un debuxo para ilustrar a tarefa, ah! e non vos esquezades de poñer se vos gustou, se vos gustou máis ou menos, ou non vos gustou nadiña....
Se un día vedes unha película podedes facer o mesmo, ou o día que fixéchedes deporte todos xuntos,... asi cando regresemos ó cole, cada un de nos terá o seu propio diario, cheo de anécdotas e debuxos.
Este diario podémolo deixar na biblioteca de aula e cada día ler algún, comentar cos outros compis o que eles fixeron en familia e partillar entre nos o que foron estes días.
Colgarei unha fichiña a modo de exemplo pero podedes facelo coma vos queirades.
Anímate, pode ser moi divertido!!