Skip to Content

Día Universal da Infancia.

Día Universal da Infancia.

"O día do neno" é unha xornada dedicada aos nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia destes.

A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente. Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.

En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente.



image | by Dr. Radut