CURSO 4ºA 4ºB

SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO

Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.

Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!

O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!

 

 

 

SAÍDA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO 2022

 

Co gallo do noso proxecto sobre AS PLANTAS, organizamos unha saída moi completa para ver e tocar o que estamos a estudar!

Comenzamos no Pazo de Lourizán, camiñamos unha horiña polos seus bonitos xardíns e contemplamos as súas árbores de gran tamaño, así como tamén a gran variedade de plantas.

Tras un pequeno descanso e merendar, continuamos a noso roteiro, seguinte parada, a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí estaba Silvia a nosa guía. Con ela pasamos o resto da mañá... cantas curiosidades aprendemos! Que hai máis de 150 variedades de camelias, que se fai té con elas, vimos plantacións de kiwis, aguacates... 

Mirade neste vídeo o ben que o pasamos, todo o que sexa saír da aula é máis divertido!

 

REVITALÍZATE!!

Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?

A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.

Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!

Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.

Pasámolo pipa no noso rol de científicos!

Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:

 

 

BÚSQUEDA DO TESOURO

O venres 8 de abril, despois do recreo, a profe Geli preparounos unha búsqueda do tesouro por equipos. Puxémonos un sombreiro cada un e... xa estabamos listos para a aventura!

Tivemos que atopar as pistas por todo o cole que nos conduciron directamente ao tesouro, deliciosos CHOCOLATES!! Mmmmm... co lambóns que somos!!

Encantounos a actividade, moitas grazas, profe Geli!!

 

 

CHARLA SOBRE A DIVERSIDADE SEXOXENÉRICA

 

 

 

O mércores 6 de abril, a mestra Cris agasallounos á nosa aula cunha charla supeeeer interesante na que aprendemos un montón de vocabulario novo e abrimos un pouco máis as nosas mentes!

Empezou cun xogo, repartíu en cada equipo tarxetas con distintos xéneros e cada un tiña que formar unha parella. O resultado foi que todxs fixeron as parellas cun home e unha muller, incluso as persoas que eran de cor as puxeron con outras de cor, as persoas máis grosas tamén as puxeron xuntas...o que son os esterotipos!

 

 

E así empezou, cada un comentou a elección das súas parellas e cando remataron decatáronse eles mesmos que non sempre é así. Aprendemos o significado de ser lesbianas, gais, transxénero, queer, bisexual, homosexual, heterosexual...e o máis importante que

CADAQUÉN TEN DEREITO A SER FELIZ E A NAMORARSE DAS PERSOAS!!

Tamén vimos unha curtametraxe moi bonita sobre o AMOR e un contacontos dun año que se sentía porquiño.

Preme na imaxe para poder ver o conto.

 

Pasamos dúas sesións moi divertidas chea de valores. 

 MOITAS GRAZAS CRIS! Ai canto te imos botar de menos! Xa es unha gran mestra! ;)

 

 

 

 Como despedida todo o alumnado quixo agasallarte cun pequeno vídeo, resumo de todo o que te queremos. Esperamos que vos guste. Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

 

 

VISITA DE VITORIA E ANXO

Este venres recibimos a visita de Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º. Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet : ogalego.eu ou ogalego.gal.

Nesa páxina, podemos atopar múltiples recursos interesantes para axudarnos co galego: teoría e exercicios de gramática tanto para primaria coma para secundaria, xogos coma o aforcado para repasar o vocabulario, contos, adiviñas, cantigas tradicionais con letra e música...

Tamén participan na redacción da Galipedia, a wikipedia galega, e Ánxo foi o que lle fixo a entrada a Arturo Sánchez Cidrás, avó dunha compañeira nósa.

Premede no seguinte enlace para acceder á súa web: ogalego.eu

Moitas grazas pola vósa dedicación ao ensino da nosa lingua!!!

CONCURSO "BÚSCASE A TALENTO"

GAÑADOR CONCURSO

"BÚSCASE A TALENTO"

O mércores 23 de marzo, toda a rapazada de 3ºA acompañamos a Goro, o gañador do acésit do concurso "BÚSCASE A TALENTO" ao Pazo da Diputación para recoller o seu premio.

Goro conseguiu un lote de libros para él, outro para o cole e unha representación teatral de MIGALLAS para os dous terceiros. Ademáis todos nos levamos un agasallo da Diputación.

Foi un día moi especial e estamos moi orgullosos de ti, Goro! 

Noraboa, eres un verdadeiro artista!

Se queres ver a noticia con detalles e fotos, preme AQUÍ

MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO

MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO

O 22 de febreiro, Esteban de Tarabelos veu a contarnos un conto de Rosalía : "Vidal o sinventura". En canto chegamos á nosa aula, comezamos a debuxar o que máis nos chamara a atención dese conto e Esteban conseguiu plasmar todas as nosas ideas no muro do patio de baloncesto. 

Por mor da choiva, tivemos que esperar uns días para poder pintalo, pero ao fin o momento chegou e foi divertidísimo pintar o muro e algunha pintura tamén caiu sobre nós! Menos mal que trouxeramos roupa vella porque algúns ata se lles caeu no pelo!

Aquí tedes o vídeo:

A que quedou xenial?! Digno dos artistas que somos!! Grazas Esteban, quédanos unha estupenda lembranza dese día!

PROXECTO BUEU PRESENTACIÓNS

 

Esta semana rematamos o noso proxecto de Bueu, coa visita de Félix Juncal e as presentacións dixitais.

Derradeira entrada sobre este proxecto tan bonito, creo que foi unha boa elección chicxs! Aprendimos moito sobre a vila de BUEU.

Despois de facer as presentacións dos animais, quixeron facer unha presentación dixital sobre todo o que aprenderon, e por suposto o fixeron xeniaaaaal!

Encántame traballar con vós e ver o motivadxs que estades en cada proxecto. SODES UNS E UNHAS CRACKS!

 

VISITA ANA ALONSO 22

 

Hoxe tivemos outra visita moi especial, menuda semana tan intensa levamos! Pois sí, hoxe foi a quenda de Ana Alonso.

Este trimestre en 3º limos o libro de Misión Tierra 5, encantounos!

Ana Alonso contounos moitas anécdotas de nena, de como empezou a escribir, que era moi tímida, que leva escrito máis de 200 libros... contestou moi amablamente a todas as nosas preguntas, mil grazas Ana!

Firmou todos os libros, incluído os dous libros que fixemos despois de ler o libro. Gustounos moito a súa visita e quen sabe, ao mellor temos algún ou algunha futura escritora! Porque o que sí xa temos é ARTISTAS!

PARABÉNS A TODXS!

Distribuir contido