CURSO 4ºA 4ºB

COPLAS DOS MAIOS NA VOZ DA PEDRA

FESTA DOS MAIOS

Este ano tan atípico, no que non pudemos facer ningunha excursión, agradecemos moitísimos que celebrásemos a festa dos Maios.

Pasamos momentos moi divertidos. Primeiro en familia, indo buscar xesta, fiúncho e flores para confeccionar o noso Maio, tamén facendo colares en casa. Pero o mellor de todo foi traballar todxs xuntxs no patio do cole. 

Mirade a galería de fotos no seguinte vídeo:

 

Nas clases creamos as coplas de xeito cooperativo e despois as cantamos rodeando o noso Maio: 

 COPLA DE 3ºB

COPLA DE 3ºA

O ano que vén repetimos!

DÍA DO LIBRO 2021 RADIOFÓNICO

Este ano, o alumnado de terceiro, celbramos o día do libro dun xeito moi orixinal.

GRAVAMOS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS NA NOSA EMISORA DE RADIO "A VOZ DA PEDRA"

Empezamos a semana elaborando unhas fichas de expresión escrita onde falabamos dos nosos libros favoritos: de que trataban, por que o eliximos, anécdotas realacionadas coa súa lectura, ou seleccionado relatos ou poemas que máis nos gustaron.

Posteriormente xs valentes que nos presentamos voluntarixs, o gravamos con formato de entrevista. 

 

DÍA DA TERRA 2021

Para conmerar o día da Terra e ademais poder unilo co día do libro, o equipo do bibliocastelo propúxonos facer un marcapáxinas.

Pola parte traseira decorámolo con ilustracións relativas ao noso amor polo planeta e con chamadas de atención á contaminación.

O alumnado de terceiro realizou recentemente un proxecto sobre as plantas, que tiña como principal obxectivo coñececer a importancia que teñen os vexetais no noso planeta. Intentamos, na medida doposible relacionar o noso proxecto cos ODS.

Tanto o proxecto de meteoroloxía como este de plantas espertaron as nosas conciencias e estámonos convertendo en activistas en defensa do Planeta.

Recollemos distintas plantas para estudalas e con elas fixemos un mural. Posteriormente plantamos unhas leitugas e uns mirasois grazas a inestimable conserxe, Ramón. Moitísimas grazas.

Pensamos que a conmemoración do DÍA DA TERRA, é un bo momento para publicar imaxes dos bos momentos que vivimos durante este proxecto.

 

Cando as nosas leitugas estean suficientemente grandes, transplantaremolas e cando poidamos paparémolas! Estade atentxs porque o publicaremos nestas páxinas!!!

DÍGOCHO EU METEOROLÓXICO

O alumnado de terceiro de primaria puxemos o noso gran de area ao proxecto de Dinamización Lingüística elaborando un vídeo, formato DÍGOCHO EU.  Serviu, ademais, de broche de ouro para pechar o noso proxecto de meteoroloxía.

Ten a particularidade de que incluímos palabras de Bueu o do Morrazo, que lonxe de reixetalas, valoramos e que moitas delas están recollidas pola Real Academia da Lingua Galega.

 

POEMA DE PRIMAVERA

O alumnado de terceiro recibimos a primavera recitando un poema de Antonio García Teijeiro. Como xa fixemos coa chegada do outono e do inverno gravámonos en vídeo e aquí temos o resultado:

POEMA DE PRIMAVERA 3º B

 

POEMA DE PRIMAVERA 3º A

 

 

PROXECTO DE METEOROLOXÍA

O alumnado de terceiro realizamos durante o segundo trimestre un proxecto sobre meteoroloxía. 

A parte de aprender cales son os aparatos que miden o tempo atmosférico ou de descubrir os distintos tipos de clima e a influencia que teñen sobre a flora e a fauna, tamén investigamos sobre cambio climático, efecto invernadoiro, burato da capa de ozono, ou quencemento global. Soubemos que había moitas asociacións ecoloxistas e intersámonos especialmente por Green Peace. Admiramos a Greta Thunberg, polo seu valor e dedicación.  Todo este traballo queda enmarcado no PDI do cole sobre os ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible.

Todos estes traballos quedaron recollidos nun libro que elaboramos entre todos e que agora, tras desinfectarlo ou deixalo en corentena, viaxa polos nosos fogares. 

Deixamos a continuación a presentación que fixemos as dúas aulas de terceiro

 

 

METEOESCOLAS 3º E. PRIMARIA

O alumnado de terceiro de primaria, fomos xs encargdxs de visitar a caseta meteorolóxica e de rexistrar os datos no comezo do segundo trimestre.

Tivemos a sorte de rexistrar as temperaturas máis baixas, recollendo algúns días temperaturas por debaixo do cero graos. Outro día sorprendeeunos a borrasca Justine, á que sucedeu inmediatamente Karim. Tanta auga caeu que non cabía no noso climograma. 

Deixamos rexistro nestes climogramas, que iamos construíndo a diario:

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Ningunha pandemia pode impedir que n noso colexio se lembre a nosa máis querida e laureada escritora ROSALÍA DE CASTRO. Nesta ocsión todo o alumnado do centro elaboramos unha rosa con papel, onde escribimos dentro un poema. O obxectivo era regalarlla despois a alguén que quixeramos moito.

O alumnado de 3ºA eliximos o poema "Lugar máis hermoso". Os nenos e nenas de 3ºB optamos por escoller  estrofas dos poemas máis coñecidos.

Aquí quedan imaxes dos bonitos momentos que pasamos elaborando as flores:

Neste vídeos podedes comprobar o ben que recitan estes nenos e nenas!

 

ENTROIDO 2021

Se nos deixásemos levar pola melancolía, o Entroido sería sen lugar a dúbidas unha boa época para facelo. En nada se pareceu esta celebración á que tradicionalmente se facía no noso centro. Non puido ser, a situación epidemiolóxica non o permitía. Aínda así, ben separados, e en filas cantamos todo o colexio xunto a canción SON DE BUEU  da comparsa "Vou nun Bou. 

 

Aínda que non houbo pasarrúas, nin compartimos comidas típicas destas datas, si que o profesorado nos permitiu disfrazarnos.

 

Distribuir contido