CURSO 1ºA 1ºB

DÍA DE ROSALÍA

Esta semana na escola, metidos xa no Entroido, o alumnado de 2º non descoidou a obriga e responsabilidade de SABER MÁIS de ROSALÍA. Para celebrar o seu día realizaron diversas e interesantes actividades: 

  • Aprenderon máis cousas de Rosalía resolvendo Genially na aula de informática.
  • Debuxaron a caricatura de Rosalía que mesmo lle serviu para disfrazarse o día 23.
  • Memorizaron o poema "Adiós Ríos, Adíós Fontes" e graváronno na radio “A VOZ DA PEDRA”.
  • Aprenderon con L de Signos a primeira estrofa do poema.
  • E, para rematar, o día 23 gozaron na biblioteca dun contaconto a cargo de TARABELOS. A historia que contou trataba da vida das persoas as que Rosalía lles dedicou os seus poemas. Comprenderon o importante que foi Rosalía como poeta, muller e persoa porque fai máis de 150 anos xa defendía nos seus escritos a igualdade entre o home e a muller e entre os pobres e ricos.

Gustoulles moito o contacontos e estiveron moi atentos, SORPRESA! Esta actividade terá unha segunda parte que pouco a pouco descubrirán…

Aquí gravando na radio.

Gravando na radio

Escoitade os podcasts "RECITANDO A ROSALÍA" gravado na radio "A voz da Pedra"

 

Premede nas imaxes para ver os vídeos "Recitando a Rosalía"2ºA

 

2ºB

2ºC

 

 

Nestas fotos podedes ver o atentos e interesados que estaban nas historias que relataba o contacontos TARABELOS, ademais do noso bonito disfraz de ROSALÍA.

                 

 

 

 

 

 

RECICLA CON ENERXÍA CON PILABOT

O martes día 15 de febreiro o alumnado de 2º A asistiu a unha charla informativa sobre a vida das pilas na sociedade actual dentro da campaña RECICLA CON PILABOT.

O alumnado atopou nesta charla respostas a preguntas tales como: Que é unha pila? Que aparellos usan pilas? Quen inventou a pila?, Como evolucionou ao longo do tempo?, De que materiais está formada unha pila? Cantos tipos de pilas hai? Contaminan as pilas? É moi importante reciclalas?

A charla estivo moi interesante e aportou información  que alumnado demostrou  con moita  emoción e competitividade  na resolución do Kahoot final.

Estamos moi contentos de participar na campaña: RECICLA CON ENERXÍA CON PILABOT. Se premes na imaxe podes ter máis información sobre esta campaña.

2 DE FEBREIRO - DÍA DA CANDELORIA

Tras pasar o día da paz, chega o 2 de febreiro "Día da Candeloria", unha tradición galega que da comezo a este mes coa celebración co casamento dos paxariños.

Isto quere dicir que comeza o retorno das aves migratorias e que ademais estamos xusto na metade do inverno, empezan a medrar os días... e comezamos tamén a pensar na ansiada primavera "Pola Candeloria, medio inverno vai fóra".

Co gallo desta celebración, os nenos e nenas de 2º personalizamos uns marcapáxinas cheos de plumiñas de paxaros, que despois plastificamos para conservar mellor. Agardamos que vos gusten!

 

30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ

Onte foi o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ, por iso nós conmemorámolo o pasado venres na nosa escola.

Ao longo da semana estivemos aprendendo as cancións RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco e IMAGINE de John Lennon para poder cantalas todxs xuntxs. Ademais cada aula estivo representada por un símbolo e un lema de paz, que recitamos neste día, e que tamén aprendemos a dicir en LINGUA DE SIGNOS. Tamén decoramos e escribimos o lema para decorar un mural colectivo que está na entrada da escola. Estes son os nosos lemas:

MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO...

    "aprendemos a xogar xuntos"

    "axudamos aos demais"

    "nos apoiamos os uns aos outrxs"

 

Outra das actividades que fixemos foi construir POMBAS DE PAPIROFLEXIA.

Nas fotografías podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º nesta celebración, na que por primeira vez no curso conseguimos xuntar a todo o alumnado e profesorado de primaria do centro.

Agardamos que vos gusten!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí o alumnado de 2ºB prestando, en lingua de signos, a súa AXUDA a quen a necesite.

Neste vídeo podemos ver a alumnado de 2ºA cantando o retrouso da cantiga "A RUMBA DAS APERTAS" tamén o fan en lingua de signos. Tedes que premer na imaxe para ver o vídeo.

 

UN BANCO PARA A AMIZADE

Hai uns días atopamos unha sorpresa no patio da nosa escola: era un banco de madeira cun respaldo feito con hexágonos pintados de diferentes cores.

Tiñamos moita curiosidade de saber por que estaba aí e para que e quen era.

As mestras explicáronnos que era o BANCO DA AMIZADE, un lugar onde sentarse para conversar, contar as inquedanzas, para sosegarse e mesmo para eses momentos nos que nos sentimos mal e precisamos compartilo con algún compañeiro ou compañeira.

Despois desta experiencia pensamos que era unha boa idea ter algún banco da amizade nos nosos patios.

 

  

OBSERVANDO O TEMPO METEOROLÓXICO

A finais de decembro e principios de xaneiro, o alumnado de 2º fomos os encargados de observar os datos do tempo meteorolóxico na caseta que temos no patio da escola, e logo de rexistrarlos no panel do recuncho das meteoescolas que temos no corredor da Biblioteca.

Como curiosidade, destacamos as altas temperaturas que observamos na semana do 15 ao 21 de decembro, un pouco anómalas para estar a piques de comezar o inverno. Xusto á volta das vacacións de Nadal recollemos no pluviómetro moitísima auga das precipitacións que caeron durante as vacacións. Tanto é así que botaba por fóra a auga do recipiente. Posteriormente, baixaron as temperaturas e aínda que non chegamos a baixo cero, tivemos a sorte de recoller a temperatura mínima deste curso, 3º.

Na primavera volveremos a ter oportunidade de comprobar se as temperaturas e precipitacións van acorde coa estación.

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Durante estes últimos días do trimestre, o alumnado de 2º estivo realizando actividades relacionadas co NADAL.

- Colaboraron na postal navideña colaborativa, na que participa todo o alumnado e as súas familias pensando un lema de Nadal relacionado co proxecto deste curso MEDRANDO XUNTOS NA PEDRA.

- Realizaron manualidades navideñas e unha portada chulísima para a carpeta dos traballos.

- Fixeron unha paisaxe invernal de plastilina, xunto co alumnado de 1º.

- Escribiron cartas aos Reis Magos e a Papá Noel para entregárllelas aos paxes reais.

- E aprenderon unha panxoliña en galego XA SINTO O NADAL (Kókiti música) e a interpretamos con lingua de signos. Premendo nesta imaxe, poderedes ver o VÍDEO!

 MOI FELICES FESTAS DENDE AS AULAS DE 2º!!!

NOVEMBRO - MES DA CIENCIA EN GALEGO

Nestas datas, estamos a celebrar na escola o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Con tal motivo, visitamos o LABORATORIO para facer unha experiencia sobre OS SENTIDOS, un tema que ademais formaba parte no noso proxecto de ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS". 

 

Nas seguintes fotos podedes observar o ben que o pasaron experiementando!

 

Por outra banda, recibimos a visita de Cris, exalumna do centro e alumna de prácticas 1º curso de primaria. Cris, antes de estudar para mestra realizou estudos de  hixiene bucodental, e veunos contar cómo debemos coidar os nosos dentes, falounos das enfermidades ocasionadas por unha mala hixiene e lembrounos da importancia de acudir ao DENTISTA, cando menos, unha vez ao ano.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe, 25 de novembro, é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Celebrámolo nas aulas de 2º con lecturas de contos relacionados, visionado de historias como PEPUCA e decoración de axendas. Pero a actividade coa que mellor o pasamos foi creando un lazo xigante no que plasmamos as nosas mans como símbolo para que pare a violencia de xénero e que despois colgamos na entrada da escola para que non o esquezamos!

Deixámosvos algunha imaxe.

CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Hoxe día 22 de novembro o alumnado de 2º A tivo unha hora de ler moi especial xa que  Paula, Martín, Martina, Violeta e Blanca, todos alumnos e alumnas de 6ºA e membros do equipo da biblioteca do centro, contaronlle o conto das FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS de Victoria García no patio da escola. Os contacontos fixéronno moi ben, mesmo viñan vestidos para a ocasión e, os nenos e nenas de 2º estiveron moi atentos. Se premedes na imaxe podedes ver o contacontos.

 

Distribuir contido