PECHAMOS 2022 CUNHA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL!!

Hai xa dúas semanas que retomamos as clases despois do Nadal e non podemos reiniciar a nosa actividade no blog sen dar as grazas as persoas que nos axudaron a pechar o primeiro trimestre e a despedir 2022 cunha DIVERTIDA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL!!!

Querémoslles dar as grazas a Thomas, papá de Álex, de 1º A; a Romina, mamá de Miguel, de 1º B; a Myriam, mamá de Diego, de 2º A e a Miguel, Papá de Hugo, de 2º B que nos axudaron un montón no OBRADOIRO DE PLASTI no que elaboramos unha preciosa PAISAXE DE NADAL.

Moitas grazas tamén a Rosa Louro, profe de Lingua de Signos, que tantas cancións nos ensina e nos recibe cada mañá cun delicioso saúdo, que organizou un obradoiro para aprendermos a signar mensaxes nas que contabamos a que xogamos coas nosas familias. Coas fotos que nos fixo, as profes Clara, Rosa Blanco, Marta e mais ela, montaron un mural chulísimo na escaleira que conduce ás nosas aulas!

Non nos esquecemos tampouco da profe Marina, que argallou un obradoiro en inglés no que tiñamos que ir averiguando as respostas ás diferentes probas que nos poñía. Cada vez que acertabamos, gañabamos un stick para decorar o noso “Christmas Tree”!!

E que dicir do obradoiro que nos preparou a profe Marta sobre a LOTARÍA DE NADAL?!!! Ademais de ensinarnos curiosidades interesantísimas sobre a historia deste SORTEO EXTRAORDINARIO, xogamos con ela ao bingo!!!! PASÁMOLO PIPA...!!!

Despois de tanto trafegar, gozamos dunha riquísima merenda a base de larpeiradas de Nadal que trouxemos da casa e... para rematar... A MÁIS ESPECIAL DAS VISITAS, A DAS SÚAS MAXESTADES OS RESI MAGOS DE ORIENTE!!!!!

FOI UNHA MAÑÁ IGUAL DE EXTRAORDINARIA QUE A LOTARÍA!!

ENCANTOUNOS!!

MOITAS GRAZAS A TODXS POLO VOSO ESFORZO!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO!!