24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Ningunha pandemia pode impedir que n noso colexio se lembre a nosa máis querida e laureada escritora ROSALÍA DE CASTRO. Nesta ocsión todo o alumnado do centro elaboramos unha rosa con papel, onde escribimos dentro un poema. O obxectivo era regalarlla despois a alguén que quixeramos moito.
O alumnado de 3ºA eliximos o poema "Lugar máis hermoso". Os nenos e nenas de 3ºB optamos por escoller estrofas dos poemas máis coñecidos.
Aquí quedan imaxes dos bonitos momentos que pasamos elaborando as flores:
Neste vídeos podedes comprobar o ben que recitan estes nenos e nenas!