Caligrama
Un caligrama é un poema, frase, palabra ou un conxunto de palabras cuxo propósito é formar unha figura sobre o que trata o poema, na cal o texto manuscrito configúrase de tal xeito que crea unha especie de imaxe visual. A imaxe creada polas palabras expresa visualmente o que as palabras din.
O poeta cubista francés Guillaume Apollinaire foi un famoso creador de caligramas.O poeta creacionista chileno Vicente Huidobro xa incluirá o seu primeiro caligrama, "Triángulo armónico", no seu libro Canciones en la Noche (1913).
Con Apollinaire, os caligramas póñense de moda nas primeiras décadas do século XX, aínda que estos levaban existindo centos de anos atrás noutras culturas, como na caligrafía árabe.
A literatura hispánica conta con interesantes autores de caligramas; entre outros, os españois Guillermo de Torre, Juan Larrea e Gerardo Diego; os peruanos Carlos Oquendo de Amat, Jorge Eduardo Eielson e Arturo Corcuera; o mexicano José Juan Tablada; o cubano Guillermo Cabrera Infante;o arxentino Oliverio Girondo ou o uruguaio Francisco Acuña de Figueroa. Na lingua catalana, destacan Joan Salvat-Papasseit e Joan Brossa.
Na clase de Lingua o alumnado de 4º está a ler o libro “Filomena , Filomena e outros contos” de Miquel Obiols e Miguel Calatayud. A partires do mesmo decidimos facer os nosos propios caligramas con textos e formas inventados polos nenos e nenas. Aquí vos deixamos as nosas creacións!!!!
TRABALLANDO NA CLASE DE LINGUA on PhotoPeach