Skip to Content

Traballos nas aulas

NamorARTE

Benqueridas familias,

 

 Como xa sabedes este ano temos por Proxecto Anual de Centro achegar ao

alumnado ao mundo do ARTE. Por iso estamos traballando en torno a

grandes artistas de tódolos tempos e as súas obras.

 

 Pretendemos expoñer unha gran mostra final do traballo das vosas fillas e

fillos para compartilo con vós ao rematar o curso a modo de MUSEO no

Palacios.

 

 Agora ímosvos ofrecer un adianto do que xa levamos feito a través dun

CALENDARIO ANUAL 2018-2019 que contén algunhas das creacións

artísticas dos alumnos e que poderedes solicitar no centro en breve.

 

Avisarémosvos a través dos nenos e nenas. Aquí vos deixamos o deseño

agardando sexa do voso agrado.

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola ONU para sensibilizar a poboación mundial en relación a temas ambientais.

Este ano Indía  é o país anfitrión e seu lema “Un planeta #SinContaminación por plásticos” e mediante diferentes propostas tentarán combatir a contaminación por plásticos dun so uso.

Os nenos e nenas de 1º e 2º non quixemos deixar de recordar esta data xa que levamos todo o curso traballando a educación ambiental.

A través de diferentes actividades aprendemos a reducir, reciclar e reutilizar o lixo ata converternos en auténticos Superheroes da Reciclaxe e coma merecido premio e aproveitando o Día Mundial do Medio Ambiente recibimos un diploma polo noso traballo.

 Se queredes ver un resumo das diferentes actividades que fixemos ao longo do curso clicade na imaxe.

OS NENOS E NENAS DE 2º PRIMARIA VIAXAN POLO MUNDO

Os nenos e nenas de 2º primaria están viaxando polo mundo e queren ensinarvos o que descubriron en Australia, na  India, África  en canto a linguas, culturas, .... Neste momento derón un salto e viaxaron polo espazo, non deixedes de ver as súas investigación no seguinte libro

 

SUXESTIÓNS DE LIBROS EN GALEGO 2017-18

Desde o Equipo de Dinamización da lingua galega deixámosvos unhas listas de elaboración propia de Suxestións de libros en galego para:

Compártamos amor polo noso, en galego mellor!!

 

 

 

 

Primeiras semanas de traballo coa nosa nova auxiliar de conversa

Este ano, coma en anos anteriores, contamos cunha nova auxiliar de conversa. O seu nome é Heather e vén de Washington DC, nos Estados Unidos. Comezou o seu traballo no noso centro neste mes de outubro e estará connosco ata o mes de maio. Nestas primeiras semanas puidemos facerlle preguntas para coñecela un pouco mellor, e ademais tróuxonos fotos e vídeos para saber un pouco máis sobre o seu país, a súa cidade, a súa familia e os seus intereses. Nós tamén lle contamos cousas sobre Galicia e sobre nós, e ata tivemos tempo para bailar e cantar con ela. Aquí tedes algunhas imaxes destas primeiras clases con Heather:

Atoparedes máis imaxes e información sobre as actividades que levamos a cabo nas clases de inglés no blogue de inglés do centro. Aquí tedes o enlace: 

https://5littlepumpkinsblog.blogspot.com.es/

ENTREGA DE PREMIOS V CERTAME RELATOS CURTOS

 O alumnado de 4º e 5º participou no V concurso de relatos curtos organizado pola FANPA (Federación provincial de ANPA dos colexios públicos) en colaboración coa editorial Kalandraka. Tiñan que facer un relato orixinal escrito en galego que non superase as 300 palabras e ao cal se presentaron ao redor de 800 relatos. O día 30 tivo lugar a entrega dos premios: un libro co seu relato, un diploma, un libro e ademáis Sarai conseguiu o premio de participar nun taller de escritura organizado por escritores galegos. Na seguinte imaxe podedes ver a cara de: UxíaAlexSaraiNoeIrene e Paula de 5º e Rebeca de 4º

 

Enlace ao Faro de Vigo

 

TRABALLAMOS COS IPADS NAS AULAS

 

VÍDEOS ECOSISTEMAS
Despois de investigar e traballar os ecosistemas, cos  ipads e empregando a aplicación Puppet Edu crearon a súa propia lección onde explican os conceptos investigados.
 

DÍPTICOS HÁBITOS SALUDABLES

Neste segundo trimestre estivemos a facer dípticos relacionados con proxecto do centro que estaba relacionado con hábitos saludables oNeste segundo trimestre estivemos a facer dípticos relacionados co proxecto de centro que estaba relacionado con hábitos saludables 

 

FINALISTAS V CERTAME RELATO CURTO

 O alumnado de 4º e 5º participou no V concurso de relatos curtos organizado pola FANPA (Federación provincial de ANPA dos colexios públicos) en colaboración coa editorial Kalandraka. Tiñan que facer un relato orixinal escrito en galego que non superase as 300 palabras e ao cal se presentaron ao redor de 800 relatos. Queremos felicitar ao alumnado que conseguiu ser finalista e tamén aos outros xa que a calidade de todos os relatos foi extraordinaria. 

Os nenos e nenas finalistas son: Uxía, Alex, Sarai, Noe, Irene e Paula de 5º e Rebeca de 4º que deberán acudir ao acto de entrega de premios o 30 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura en Pontevedra 

REPORTAXE TVGA SOBRE USO IPADS

Neste vídeo podemos ver un fragmento da reportaxe emitida no programa  ACTUALIZADOS emitido pola TVGA no que saen os nenos e nenas do noso colexio creando distintas historias coa aplicación Creatales que teñen instaladas nos ipads, os cales levamos integrando no centro dende hai varios anos. Podemos ver a creatividade do alumnado para realizar historias interactuando coa súa aprendizaxe por medio dos ipads

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut