Skip to Content

Traballos nas aulas

ACROSPORT 6º

No seguinte enlace podedes ver as figuras que fixo o alumnado de 6º dentro do traballo que fixemos en relación co acrosport

Concurso logotipo aula maker

Cun paso no futuro o cole está a transformar a aula de informática nun espazo maker onde os alumnos e alumnas poidan desenvolver o seu espírito científico-tecnolóxico por medio do traballo cooperativo e dun xeito creativo. por  iso, que mellor xeito de propiciar a súa creatividade que sendo eles mesmos os que deseñen o logotipo deste novo espazo

Depois dun longo proceso de selección, por fin podemos presentar a imaxe da nosa nova mascota, obra de Uxía de 2º B, Noraboa a ela e ao resto de finalistas porque a elección estivo moi reñida

  

TRABALLANDO COA NOSA AUXILIAR DE CONVERSA NA CLASE DE INGLÉS

Coma en anos anteriores, este curso volvemos contar no centro coa presenza dunha auxiliar de conversa de fala inglesa. Nesta ocasión chámase Ana e vén dos Estados Unidos. Durante estas primeiras semanas de traballo fixemos actividades moi interesantes para mellorar o noso inglés, e ademais puidemos coñecer algunhas cousas sobre a súa familia, a súa cidade e o seu país. Ao longo de todo o curso seguro que nos irá contando moitas máis cousas sobre a súa lingua e a súa cultura. Aquí tedes algunhas imaxes das nosas clases:

DIGITALENT Y BIBLIOTECA CREATIVA

O noso centro foi seleccionado para dous novos proxectos para levar a cabo durante este ano académico

  • Digitalent: Proxecto DIGICRAFT NO TEU COLE no marco do plan DIGITALENT, por medio do cal preténdese potenciar o desenvolvemento da competencia dixital. Para levalo a cabo dotan ao centro con material adecuado: 12 tablets e "2 kits instant dixital skills". Acceso a convocatoria e resolución
  • Biblioteca Creativa: proxecto polo cal se quere apoiar a experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe da programación na biblioteca escolar. Acceso a convocatoria e resolución

MOVILIZATE POR EL CLIMA

 

 O Ceip Antonio Palacios comezou a súa andadura polo medio ambiente cando da man da mestra Miriam Leirós  levouse a cabo no centro o proxecto Plasticoff xa en en 2014. O proxecto multidisciplinar tiña como fío conductor promover a reducción, reutilización e reciclaxe de plástico. Deste xeito e contaxiándose todo o centro chegáronse a xuntar máis de 270 kg de tapóns que se doaron a Yessica para a investigación da súa enfermidade rara.

 

   En sucesivos curso levánronse a cabo proxectos como “Rutas Sostibles” e “Cooltureco” ámbolos dous na liña de sostenibilidade e contacto coa natureza.

 

    O curso pasado  participouse de maneira activa en accións de concienciación sobre a crise climática con actividades educativas e actos simbólicos os venres empatizando co movemento Fridays for Future que posteriormente deu lugar a o colectivo docente Teachers For Future Spain.

     O centro é pioneiro ademáis en implantar os “Recreos Residuo Cero” , levándose a cabo en varias  clases no curso 18/19 e implantándose no centro completo no 19/20.  Ademáis participa tamén en camaña de reciclaxe de móbiles da Fundación Jane Goodall.

    Este ano como proxecto de centro temos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, baixo o lema “Palacios pola sostenibilidade” , ademáis de ser tema a traballar nas aulas levará consigo medidas como “ecoaditorias” buscando o aforro enerxético e de recursos, e fomentando actitudes e hábitos máis sostibles.

    Desde aquí o noso agradecemento a o diario El País polo seu recoñecemento no seu artigo : “MOVILIZATE POR EL CLIMA”

 

Actividades nas nosas clases de inglés - curso 2018-19

 

Aquí vos mostramos unhas imaxes sobre algunhas das actividades que levamos a cabo nas

clases de inglés ao longo deste curso. Entre elas atoparedes fotos das clases coa nosa

auxiliar de conversa, de como traballamos festividades como Halloween, Book Day ou St.

Patrick's Day, e de diversas actividades e xogos que fixemos durante todo o curso para

traballar a lingua inglesa. Esperamos que vos gusten.

 

PREMIADOS NA VII EDICIÓN DE RELATOS CURTOS

O venres día 31 de maio tivo lugar no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra  a entrega dos premios aos finalistas na VII edición de relatos curtos convocada pola FANPA. Presentaronse uns 1296 relatos dos que sairon os 120 finalistas, tendo a sorte de estar entre eles as alumnas de 5º Paula González Domínguez e Noa Delgado Durán. Mencionar tamén, a nosa compañeira Tamara Fernández (titora de 3º) que  resultou finalista. Parabéns a estas finalistas e tamén a todo  o alumnado que participou, os cales fixderon relatos fantásticos

O día da entrega estivo  a escritora Concha Blanco e o ilustrador Ramón Trigo

 

 

 

Fotos da entrega dos premios VII Certame Relato Curto

FINALISTAS no I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera

     Onte unha representación do alumnado de 6º foi convidado á entrega de Premios do I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera, xa que foron seleccionados como FINALISTAS e a organización do concurso quixo valorar o seu traballo.

 

     Un total de 40 gravacións con relatos radiofónicos centrados no autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Antonio Fraguas, optaron a este Certame, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o IES Rosalía de Castro en colaboración con Arraianos Producións e apoiado polas fundacións Antonio Fraguas Fraguas e Rosalía de Castro, a RAG, o colectivo Ponte nas Ondas, a Radio Galega e a Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

 

      O xurado deste certame dirixido a alumnado da ESO e de 6º de primaria destacou, a calidade e a alta participación dos podcasts presentados a concurso. Todos os centros educativos, premiados e finalistas, recibimos un diploma, unha escultura e cadanseu lote de libros no acto celebrado no Museo do Pobo Galego en Compostela e presidido polo SEcretario de Política lingüística, o presidente da Fundación Antonio Fraguas, o presidente da Casa Museo Rosalía...

 

       Antonio Fraguas, Xosé Mosquera e a radio

       O historiador e etnógrafo Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas, foi un dos impulsores da radio en galego e compartiu experiencias de teatro radiofónico con Xosé Mosquera. Este foi o creador e intérprete do personaxe O Vello dos Contos, co que fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía para Galicia na emisora Unión Radio Galicia (1932-1936). Durante a posguerra, foi impulsor da Casa-Museo Rosalía de Castro e fundador e presidente da súa Fundación, así como académico correspondente da RAG.

 

 

 

 

VENRES POLO FUTURO

VENRES POLO FUTURO ou FRIDAYS FOR FUTURE

 

O alumnado do CEIP Antonio Palacios motivado polos cooltureco, o

alumnado de 6º, movilízase polo cambio climático.

Queremos compartir este vídeo con todas as persoas preocupadas pola

saúde do Planeta, que suman esforzos para contribuír a consecución

dun mundo mellor!

Non esquezades poñer a vosa mensaxe no Libro de firmas que temos a

vosa disposición no centro para enviar ao Ministerio de Transición

ecolóxica antes do 5 de xuño, día del MEDIO AMBIENTE.

 

 

DESCUBRINDO A CASTELAO

ESTREAMOS BLOG: descubrindoacastelao.blogspot.com

 

 

O equipo de Dinamización da lingua galega do noso centro decidiu, ante a imposibilidade de atopar materiais adaptados para os máis pequenos, elaborar un banco de recursos para dar a coñecer a esta figura tan relevante da historia de Galicia do século XX.

 

Así que, tras traballar a vida e obra deste autor co noso alumnado presentamos unha serie de tarefas que eles mesmos deseñaron e elaboraron co fin de achegar o coñecemento deste polifacético autor a toda a comunidade educativa.

 

Para a realización destes produtos finais cómpre citar as fontes empregadas polo alumnado: web da fundacioncastelao; web da Real academia galega; web biografiasyvidas.com; web historia-arte.com; web emigracion.xunta.gal; e web descubriroarte.es.

 

PREME NA IMAXE PARA IR DIRECTAMENTE AO BLOG

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut