ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

A Consellería de Educación anuncia que desde o vindeiro mércores día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil e  Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.  

 

PRAZO DE ADMISIÓN: 1 AO 20 DE MARZO

Pódese cubrir a solicitude na aplicación admisión alumando ou de forma presencial cubrindo un anexo que se lle facilitará no centro ou poden descargar no seguinte enlace:

Anexo II.

No seguinte enlace podedes ver a documentación a presentar 

AdxuntoTamaño
documentacion admisión.doc39.5 KB