EDUCACIÓN INFANTIL

RECOMENDACIÓNS E PAUTAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Explicar a situación aos nenos e nenas, eles deben saber o que pasa e seguir unha serie de pautas (lavar as mans, non acudir a parques, estar na casa...).

Dende Educación Infantil, recomendámosvos unha serie de  pautas e actividades que podedes facer co alumnado na casa:

  • Seguir uns horarios axeitados, para non romper a rutina diaria.
  • Situalos no tempo, vendo o día que é, o tempo que fai...
  • Fomentar momentos de conversa para estimular a súa linguaxe.
  • Colaborar, dentro das súas posibilidades, nas tarefas do fogar.
  • Dedicarlle un tempo á lectura de contos.
  • Facilitarlles diversos materiais para traballos manipulativos que potencien a súa creatividade (colorear, recortar, plastilina...).
  • Podedes enviar os vosos traballos ao correo electrónico colexiooural@gmail.com
  • Estamos elaborando un blog onde imos poñer actividades e o enlace a distintos recursos didácticos.

https://aclasedeinfantildeoural.blogspot.com/

  • Na medida das vosas posibilidades pasar tempo xuntos e dedicalo a xogos de mesa que favorezan a súa competencia matemática (parchís, ocas, puzzles, cartas...).
  • Non abusar do uso das novas tecnoloxías, pero aproveitar recursos didácticos que vos imos ir indicando no blogue.
  • Intentade levar a cabo momentos de relaxación.

Ante todo, responsabilidade e calma, para tratar de levar esta situación o mellor posible. 

Ánimo a todos e todas.

O Equipo de Educación Infantil do CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ.