FESTIVAL DE NADAL 2013

UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL NO CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ, PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

OS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, REPRESENTARON A PANXOLIÑA "ANDANDO A BELÉN"

 

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, REPRESENTARON "A NOITE MÁIS MÁXICA DO ANO"

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA BAILARON AO RITMO DO XABARÍN: "VOLTAR Á CASA POLO NADAL"

OS NENOS E NENAS DO SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA, REPRESENTARON: "BELÉN, CUNA DO PAN"

 OS ALUMNOS/AS DO TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA REPRESENTARON: "BUSCANDO O ESPÍRITU DO NADAL"

 

 

DÍA DO PEÓN - CURSO 2013-2014

DÍA DO PEÓN

 

OBRADOIRO DE COCIÑA - CURSO 2013-2014

OBRAOIRO DE COCIÑA.

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS UNHA DELICIOSA TARTA.

INGREDIENTES: MANTEIGA, AZUCRE, CACAO, LEITE E GALLETAS

 

 

PANADEIROS POR UN DÍA. CURSO 2013-2014

VISITA Á PANADERÍA PALLARES

OS NENOS E  NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA FIXEMOS UNHA VISITA Á PANADERÍA PALLARES, EXPLICÁRONNOS COMO SE FACÍA O PAN, AS EMPANADAS... VISITAMOS O SEU MUSEO. FIXEMOS OS NOSOS BOLIÑOS DE PAN, ESTABAN DELICIOSOS. GRAZAS POR ACOLLERNOS TAN BEN!!!

 

 

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS DE SARRIA CURSO 2013-2014

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS

NO MES DE DECEMBRO OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA FIXEMOS UNHA VISITA AO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE SARRIA. ALÍ EXPLICARONNOS COMO FUNCIONABA TODO. PASÁMOLO XENIAL!

 

SAMAÍN 2013

XA CHEGOU O SAMAÍN AO NOSO CENTRO, CELEBRÁMOLO CON CANCIÓNS, XOGOS E OBRADOIROS DE CABAZAS. AQUÍ TEDES A MOSTRA, SE QUERES VER MAIS, FAI CLIC NO ENLACE.

LETRAS GALEGAS 2014

GALICIA renderá homenaxe a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO co gallo da celebración do Día das Letras Galegas no 2014.

A  Real academia Galega (RAG) tomou a decisión de dedicar o Día das Letras 2014 a Xosé María Díaz Castro, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle van render ao poeta guitiricense o vindeiro ano.

Máis información premendo neste enlace:  http://www.edu.xunta.es/web/node/9833

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

PREME NA LIBRETA SE QUERES VER A LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

ADMISIÓN 2013-2014


APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013-2014

PRAZO: do 5 ata o 17 de abril de 2013

 

Documentación:

  • DNI do pai e da nai do alumno/a.
  • DNI do alumno/a ou copia do Libro de Familia.
  • Tarxeta Sanitaria do alumno/a.
  • Cartilla de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carnet.
  • Impreso de solicitude de admisión (Será facilitado no Centro).
  • Autorización publicación imaxe do alumno/a na Web do Centro (Facilitaráselles no centro).

* O pai/nai do alumno/a deberá comunicar no momento de formalizar a matrícula se desexa que o seu fillo/a reciba clases de relixión. Tamén deberá asinar a súa aceptación ou denegación de permiso para fotos, vídeo do alumno/a e para a súa publicación na Web do centro ou na revista escolar.

CALENDARIO ESCOLAR 2013-2014

PARA AGRANDAR A IMAXE FAI CLIC SOBRE ELA

Distribuir contido