SAMAÍN E MAGOSTO

Para celebrar o Samaín e o Magosto tivemos un día repleto de actividades. 

Comezamos o día recibindo un recorte de periódico no que Antolín nos pedía axuda. Tivemos que superar unha serie de probas para salvar o Mundo.

Despois celebramos o magosto. E rematamos a tarde con xogos dirixidos polo alumnado de 6º.

Deixámosvos un resumo coas fotos da xornada.

 

DA ESCOLA Á GRANXA

Estas últimas semanas realizamos varias saídas didácticas dentro do programa da Deputación de Lugo "Da escola á granxa". Visitamos a Gandería Quintián, Caurelor e Champivil. En cada unha destas saídas explicáronnos ou seu traballo e deixáronnos degustar os seus productos.

 

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 16 de Outubro celebramos o día das Escritoras, e o alumnado achegouse a Radio Antolín para gravar varios programas especiais sobre grandes escritoras Galegas.

 

APRENDEMOS A PREPARAR PASTEL DE PATACA

O alumnado de Infantil preparou un rico pastel de pataca. No seguinte vídeo cóntannos como o prepararon.

COÑECEMOS O TRABALLO DA GARDA CIVIL

Esta mañá o alumnado de 3º,4º,5º e 6º, dentro das actividades do Plan Director, asistiu a Sarria a unha exhibición da Garda Civil. Coñeceron o traballo das distintas unidades: montaña, acuática, tráfico, investigación, drones, atención ao peregrino, helicóptero…

GRANXA TEIXEIRO-PISTÓN

Dentro do programa "Da Granxa a Escola", actividade organizada pola ANPA en colaboración da Deputación de Lugo, fixemos a 1ª visita do trimestre a Granxa Teixeiro-Pistón.

LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24

No arquivo adxunto podedes atopar os libros de texto para o curso 23-24.

Distribuir contido