19 OUTUBRO- DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Dende o noso cole, sumámonos a conmemoración  do #DíaContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia  da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Todo o alumnado escribiu mensaxes de ánimado para todas as mulleres loitadoras.

 

 

 

 

BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2021 - 2022

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 3 de agosto e remata o 30 de setembro de 2021.

 

Para máis información preme no enlace

 

Convocatoria Bolsas

BECAS MEC

LISTADO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

PARA VER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATRIAL ESCOLAR PREME NO ENLACE. LEMBRADE QUE SÓ ESTÁ O MATERIAL IMPRESCINDIBLE, DO TIPO E NÚMERO DE LIBRETAS, XA SE VOS INFORMARÁ UNHA VEZ EMPEZADO O CURSO.

OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º, ESTÁN NO PROGRAMA EDIXGAL, E NON PRECISAN LIBROS DE TEXTO. 

 

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

As familias podedes presentar xa o  modelo de autodeclaración do comedor.

 

PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:

DO 1  AO 9 DE XULLO 2021    E   DO 1 AO 9 DE SETEMBRO 2021

                      HORARIO DE 10h a 13h

 

Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro   ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

Distribuir contido